Dia mundial da menopausa 2022 agam matronas galegas autocoidado

18-O: Día Mundial da Menopausa: Cóidate!

Desde a AGAM unímonos á celebracion do Día mundial da Menopausa co fin de visibilizala, normalizala e desestigmatizarla e concienciar ás mulleres sobre a importancia do autocoidado nesta etapa.

Qué é a menopausa?

A menopausa é unha etapa da vida da muller que marca a transición entre a etapa reprodutiva e a non reprodutiva. Vén determinada polo cesamento da actividade ovárica e por tanto da menstruación. O que a maioría das persoas coñecemos como menopausa é só una das fases que compoñen o climaterio.

O climaterio é o conxunto de todas as etapas polas que pasa unha muller antes, durante e despois da súa ultima menstruación: premenopausa, perimenopausa e postmenopausa.

Durante este proceso, a produción de hormonas comeza a diminuír e os ovarios deixan de funcionar. Este cambio hormonal pode producir unha gran variedade de síntomas que poden afectar á saúde en xeral.

Síntomas máis frecuentes

Os síntomas máis frecuentes son alteracións menstruais, sofocos, sudoración, cambios na lubricación da vaxina, aumento de peso e cambios emocionais entre outros.

Non todas as mulleres vivirán o climaterio da mesma maneira. Ademáis, moitos dos síntomas son temporais e pódense reducir.

Como podemos vivir esta etapa de forma sa, positiva e plena?

  1. Acepta a chegada do climaterio e cóidate!
  2. Aliméntate de forma saudable (dieta rica en calcio, omega 3, peixe azul, froitas e verduras, froitos secos; reduce graxas insanas). Dille adeus aos alimentos procesados.
  3. Fai exercicio.
  4. Toma o sol 15 minutos ao día.
  5. Deixa de fumar, evita o alcol e a cafeína.
  6. Coida o teu chan pelviano.
  7. Vive a túa sexualidade, podes empregar lubricantes se os precisas.
  8. Rodéate de persoas que che enriquezan.
  9. Rí, querete e sé feliz.
  10. Consulta todas as dúbidas coa túa matrona, ela acompañarache tamén nesta etapa! #falacoatúamatrona

Descarga aquí o cartel en formato A4 para a túa consulta

Recursos