04 Mar Dia Mundial do VPH: fai spoiler!
As matronas galegas, como mostra do noso compromiso coa concienciación ao redor desta infección de transmisión sexual, unímonos á iniciativa #ElVPHesCosaDeTodos para contribuír ao seu coñecemento e concienciación.
Día mundial do VPH
O 4 de marzo conmemorase o Día Internacional do Virus do Papiloma Humano (VPH). Actualmente temos 660 millóns de persoas infectadas no mundo por esta infección. Coñécelo?
O VPH é cousa de todos porque tanto mulleres coma homes poden contraer esta infección de transmisión sexual que pode ter graves consecuencias para a saúde.
Con esta idea xorde o claim da campaña de #ELVPHESCOSADETODOS para este 2023: “É o momento, fai spoiler do VPH”. Porque aínda que non queiramos coñecer de forma anticipada o final da película, serie ou libro que temos entre mans, se pensamos noutros escenarios como é o VPH, é mellor que todos nos fagamos spoiler e saibamos as consecuencias que pode ter esa infección. Só se a coñecemos poderemos saber o que temos que facer para previla.
Información para unha prevención eficaz
O VPH é a enfermidade de transmisión sexual máis común. De feito, máis do 80% das persoas sexualmente activas contraerán o VPH algunha vez na súa vida.
Sabías que alguns cáncros son atribuibles ao #VPH?
- ~ 100% cancro do cérvix
- ~ 90% cacto de ano
- 75% cancro de vaxina
- 70% cancro de vulva
- ~ 60% cancro de pene
- Entre o 5-70% cancro de orofarinxe (incluíndo amígdala).
En Galicia, desde o ano 2022 o calendario vacinal inclue aos nenos de 12 anos na prevención do VPH.
A matrona, figura sanitaria de referencia para a prevención
As matronas estamos a disposición de quen o precise para aportar información sobre o VPH, tamén sobre a vacinación ou para solicitar educación sexual nun centro educativo ou comunidade.
E ti? A que esperas para facer spoiler? Únete ao #DíaInternacionalDelVPH e axúdanos a concienciar sobre o Virus do Papiloma Humano.
Recursos
- Información xeral sobre o VPH
-
Canto sabes sobre o VPH? Quiz para poñer a proba os teus coñecementos sobre o VPH.
-
Manual MSD para público xeral: artigo do manual para público xeral no que se pode consultar información médica sobre o VPH.
- Actualización das recomendacións da OMS sobre o calendario de vacinación fronte ao VPH.
-
International Papillomavirus Society (IPVS): Para consultar as actividades da IPVS, información relacionada con el VPH, etc.
- Campaña “É o momento: fai spoiler do VPH!”:
- Hashtags: #ELVPHESCOSADETODOS #VPH #4DEMARZO #VACCINESWORK #HPVAWARENESSDAY