Día Mundial da Loita contra o Cancro de Mamá

No Día Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, desde a AGAM queremos sensibilizar á poboación cunha mensaxe crave: para mellorar o prognóstico e a supervivencia é de vital importancia a detección precoz. 

En España o 30% dos cancros diagnosticados en mulleres orixínanse na mama, sendo o tumor máis diagnosticado no mundo.

Que está nas nosas mans?

Toma as rendas! Cóidate, identifica os signos de alerta, infórmate e quérete!

Cóidate

Coñecemos factores de risco que non podemos modificar como a idade ou os xenes pero hai outros factores sobre os que si podemos actuar:

  • dieta saudable baixa en graxas.
  • actividade física regular, evita o sedentarismo.
  • manter peso adecuado.
  • limitar ou evitar consumo alcol.
  • evitar a exposición ao fume do tabaco.
  • lactación materna prolongada (máis dun ano).

Identifica os signos de alerta

Co programa galego de detección precoz do cancro de mama (para mulleres entre 50-69) realizaranse mamografías de cribado cada dous anos de forma gratuíta.

Ademáis, é importante coñecer o aspecto e consistencia das mamas non como método de cribado senón como práctica para detectar cambios en peito e axilas. A autoexploración serve para familiarizarte co teu corpo e así tomar unha actitude proactiva con respecto á túa saúde.

Infórmate

Lembra: as matronas ofrecemos coidados, información e acompañamento en todo o proceso da enfermidade. Se tes algunha dúbida, consulta coa túa matrona de atención primaria!

Ligazóns de interese