01 Dec Día mundial da loita contra a SIDA 2022: Igualdade xa!
As matronas galegas unímonos hoxe á campaña da ONU para celebrar o día mundial da loita contra a SIDA.
Igualdade xa! é o lema deste ano
O lema elixido este ano é “Igualdade xa”. Con él ínstase a todos e cada un de nós a abordar as desigualdades que están a frear o progreso para poñer fin á SIDA.
O ano 2030 marcouse como meta para por fin ao SIDA como ameaza para a saúde mundial, por iso este ano recalcan dende a ONU a importancia de acabar coas desigualdades que o perpetúan, como a falta de acceso ás probas e aos tratamentos por parte da población ou de educación sexual de calidade, así como a discriminación que seguen tendo as personas que viven co VIH.
VIH e maternidade
O VIH non é unha contraindicación para a maternidade. Coa medicación adecuada e coa axuda dun equipo multidisciplinar -do que a matrona forma parte- podemos evitar a transmisión vertical ás crianzas no embarazo e o parto.
As matronas temos a oportunidade de desenvolver a nosa labor tamen dende a educación para a saúde. Por iso aproveitamos para recordar que o único método anticonceptivo eficaz é o preservativo; e que a educación sexual nas aulas é fundamental.
Prevención, tratamento e seguemento para unha vida con boa saúde
O correcto tratamento pode facer que a carga vírica sexa indetectable e disminuir ou incluso facer que desaparezca o risco de transmisión.
Co tratamento e seguemento adecuados, podemos evitar chegar á fase de SIDA e vivir unha vida con boa saúde para o que é conveniente acudir á túa matrona. Así, no caso de pertenecer a este grupo de risco, realizarase unha citoloxía anualmente e ademáis, ponse a disposición das usuarias a vacina do virus do papiloma humano, recomendada polo programa de prevención do SERGAS.
Recursos
-
- https://www.unaids.org/es/2022-world-aids-day
- https://www.sanidad.gob.es/ciudadanos/enfLesiones/enfTransmisibles/sida/docs/GUIA_DX_VIH.pdf
- https://www.sanidad.gob.es/ciudadanos/enfLesiones/enfTransmisibles/sida/publicaciones/profSanitarios/docConsensoSeguimientoInfeccionVIHReproduccion_21Marzo18.pdf
- https://www.sanidad.gob.es/ciudadanos/enfLesiones/enfTransmisibles/docs/embarazoPadresFeb08.pdf
- https://www.sanidad.gob.es/ciudadanos/enfLesiones/enfTransmisibles/sida/publicaciones/profSanitarios/GuiasTARpie24may2019.pdf
- https://www.sanidad.gob.es/ciudadanos/enfLesiones/enfTransmisibles/sida/publicaciones/profSanitarios/GuiaCompletaAdolescentes_30abril19.pdf
- https://www.sanidad.gob.es/ciudadanos/enfLesiones/enfTransmisibles/sida/publicaciones/profSanitarios/docConsensoDiagnosticoTtoITSAdultos.pdf
As matronas estamos ao carón das mulleres, desde a adolescencia ata a menopausia. #matronasemulleresunhavidaxuntas