Día internacional do orgullo LGTBI

As matronas unímonos á celebración do día internacional do

O Día Internacional de LGTBI celébrase o 28 de xuño para conmemorar os disturbios de Stonewall (Nova York, EEUU) en 1969, que marcan o inicio do movemento de liberación homosexual. Desde entón, as celebracións do día do orgullo tiveron un transfondo reivindicativo, xa que en moitos países do mundo a homosexualidade e a condición sexual non tradicional segue estando criminalizada, e en moitos outros, aínda que as leis os amparen, non están aceptados socialmente.

As organizacións que representan ao colectivo LGBTI coinciden en que a actual situación de confinamento ante a pandemia está a agravar os problemas que xa afectaban ás persoas pertencentes a este colectivo, tales como maior illamento social, convivencia en familias que non aceptan a súa orientación sexual, situacións de petición de asilo por este motivo paralizadas… Por iso as matronas queremos sumarnos ás reivindicacións deste colectivo, para axudar a visibilizalo e así poder crear unha sociedade máis tolerante e libre, favorecendo a desaparición das desigualdades sociais, laborais e/ou sanitarias, relacionadas coa orientación sexual.

As matronas, como expertas en saúde sexual e reprodutiva, esforzámonos día a día por garantir a igualdade no acceso e asistencia sanitaria, promover unha vivencia positiva e responsable da sexualidade desde as etapas máis temperás da vida e axudamos a preservar os dereitos de todas as familias, recoñecendo a súa diversidade e pluralidade.

Porque aprender a vivir a diversidade, é tamén aprender a vivir en sociedade.

FELIZ DÍA LGTBI!