Día Internacional das IBCLC (Consultoras Internacionais de Lactación)

A Asociación Galega de Matronas únese este 1 de marzo á celebración do día internacional das IBCLC (Consultoras Internacionais de Lactación) que desempeñan un papel importante na lactación materna e así recoñecer os coñecementos que están persoas posúen para a atención profesional a nais e bebes.

Que é unha IBCLC?

IBCLC, é un título a nivel mundial que se recoñece a capacitación durante 5 anos para a consultoría en lactancia materna a través dun exame teórico e unha parte práctica, debendo facer unha reacreditación posterior para garantir a actualización de coñecementos.

IBCLC en Galicia

Actualmente en Galicia hai 33 IBCLC certificadas, sendo diferentes profesionais sanitarios, entre eles as matronas, que axudan a mulleres para lograr unha lactación materna satisfactoria. Exercen o seu labor en hospitais, centros de saúde e consultas privadas.

“A lactación materna é un tema que me apaixona e ofrecer apoio e coñecementos ás nais e bebes é básico para garantir unha experiencia marabillosa e con grandes beneficios. As mulleres se senten perdidas en moitas ocasións e necesitan profesionais sanitarios formados e actualizados para transmitir á sociedade a importancia da lactación materna na saúde da poboación, sendo ésta una das motivacións que me levou a certificarme como IBCLC”.
Lucía Varela Varela, vocal AGAM e IBCLC

Recursos