8 marzo dia internacional da muller matronas galegas

Día internacional da Muller #8M

Como cada 8 de marzo, as matronas galegas xunto coa Federación de Asociacións de Matronas de España (FAME) celebramos o Dia Internacional da Muller #8M.

As matronas e o día internacional da muller #8M

O 8 de marzo sempre é un día moi especial ao afectar directamente o colectivo das matronas. En primeiro lugar, porque o noso sector compóñeno na súa maioría mulleres, e en segundo lugar, porque son as mulleres as que reciben a nosa atención e coidado na súa vida sexual e reprodutiva.

Investir en matronas significa investir nas mulleres. As matronas traballamos a diario velando pola saúde e respecto aos dereitos de todas mulleres ás que acompañamos. Pero a nosa labor chega moito máis lonxe, xa que acompañar ás mulleres ao longo de toda a súa vida implica tamén loitar pola súa independencia, fomentar o autocoñecemento e empoderamento, factores que contribúen a unha sociedade máis xusta.

Por máis mulleres en postos de liderazgo

Mulleres líderes: Por un futuro igualitario no mundo da COVID-19” é o tema que a ONU decidiu para celebrar este ano o día da muller. O tema celebra os enormes esforzos que realizan mulleres e nenas en todo o mundo para forxar un futuro máis igualitario e recuperarse da pandemia da Covid-19.

Así mesmo, está en consonancia coa emblemática campaña Xeración Igualdade, que esixe o dereito das mulleres á toma de decisións en todas as esferas da vida, a igual remuneración, a distribución equitativa dos coidados e o traballo doméstico non remunerados, o fin de todas as formas de violencia contra as mulleres e as nenas e uns servizos de atención da saúde acorde ás  ás súas necesidades.

As matronas pertencemos ao colectivo da enfermería e somos coñecedoras da necesidade de contar con referencias femininas en postos de liderazgo. Por iso, como colectivo de mulleres e profesionais, hoxe máis que nunca manifestamos a necesidade de que os gobernos se comprometan a nivel nacional e mundial. Todo para abordar as dificultades que impiden ás mulleres e nenas alcanzar o pleno desenvolvemento da igualdade.

As mulleres unidas temos o poder de cambiar o mundo para acadar un escenario de liberdade e equidade para as novas xeracións.