14 Feb Día Europeo da Saúde Sexual
As matronas galegas unímonos hoxe á celebración do Día Europeo da Saúde Sexual.
A importancia da Educación Sexual nas Escolas
Esta efeméride parte da iniciativa da Alianza Europea para a Saúde Sexual (ESHA) e celébrase cada 14 de febreiro desde hai dúas décadas co obxectivo de concienciar e sensibilizar a homes e mulleres sobre a necesidade de adquirir e manter hábitos sexuais saudables.
Neste momento que estamos a vivir, no que hai moitísima información nas redes, debemos insistir na importancia da educación sexual nas escolas, sobre todo para que as crianzas e adolescentes aprendan que as mulleres somos suxeitos do pracer e non obxectos do placer.
Ademáis a educación sexual non so é falar das infeccions de transmisión sexual o dos embarazos; que tamén; é dar ferramentas para que se viva unha vida sexual plena; aceptar que cada unha somos suxeitos sexuados coas súas preferencias; identidade, orientación e que hai que vivir sen coaccións nin ameazas e ter o máis importante: liberdade para ser.
O papel das matronas na educación sexual
As matronas traballamos para preservar e mellorar a saúde sexual e reproductiva das mulleres ao longo da súa vida. Se te interesa recibir educación sexual no teu cole ou precisas resolver dúbidas en relación á túa vida sexual ou reproductiva, contacta coa túa matrona!
#matronasemulleresunhavidaxuntas