Despedida da XXX promoción de matronas en Galicia

O pasado venres 16 de maio, a Asociación Galega de Matronas (AGAM) participou nunha emotiva cerimonia de despedida da XXX promoción de matronas en Galicia.

Despedida XXX Promocion matronas residentes Galicia 2025 agasallo asociación AGAMO acto, cargado de simbolismo e emoción, reuniu a familiares, profesionais sanitarios e representantes institucionais para celebrar a fin da etapa formativa dun grupo moi especial de futuras matronas.

Nesta ocasión, foron 18 as residentes que completaron con éxito a súa formación, sumándose así á comunidade profesional que traballa cada día en defensa da saúde sexual e reprodutiva das mulleres galegas. Ao longo do acto, puxéronse en valor o seu esforzo, compromiso e vocación.

Como en anos anteriores, a AGAM fixo entrega dun agasallo moi especial: os primeiros seis meses de pertenza á asociación de forma gratuíta. Este xesto simbólico representa o apoio da comunidade profesional ás novas matronas no seu inicio laboral.

Desde a AGAM, queremos felicitar ás novas matronas da XXX promoción e desexarlles un futuro profesional pleno, con ilusión e co compromiso firme de seguir avanzando xuntas polo ben da nosa profesión e da saúde sexual e resprodutiva das mulleres ás que acompañamos.