Programa da Xornada “Día da Matrona 2026”
- 9:30-10:00 h. Acollida
- 10:00 – 10:40 h. Ponencia “Coñecendo o programa de Centros Comprometidos coa Excelencia en coidados BPSO”, con Ana Carballo e Macarena Chacón.
- 10:40-11:40 h. Ponencia “Alimentación consciente” coa nutricionista Adriana Fernández.
- 11:40-12:10 Café
- 12:10-12:30 Ponencia “Intervención educativa en saúde menstrual en personas con Síndrome de Down, (premio COMUNICACIÓN ORAL FAME 2025), coa matrona Carla.
- 12:30-13:30 Micro aberto: encontro para falar das preocupacións das matronas.
- 13:30-14:30 Asemblea Ordinaria AGAM (exclusivo socias AGAM)
- 14:30-16:00 Xantar de confraternización
- 16:30-18:30 Obradoiro “Utilización dos anestésicos locais na dor pélvica perineal relacionada co parto”, con Elisa Fernández.
* Solicitada acreditación ao Sistema acreditador da formación continuada.
Asistencia á Xornada “Día da Matrona 2026”
O evento terá lugar no local da UNED Vigo (4ª planta do Auditorio de Congresos Mar de Vigo, en Vigo – Pontevedra) e é preciso inscribirse ANTES DO MÉRCORES 27 DE MAIO.
- Reserva de praza para asistir á xornada: gratuita para socias, residentes e non socias.
- Reserva de praza para asistir á xornada e ao xantar:
- socias e residentes: 5,00 €
- non socias: 25,00 €
Menú xantar de confraternización
O xantar será no restaurante Pomodoro:
- Entrantes: croquetas, chipiróns e pizza.
- Prato principal (a elexir):
- CARNE: entrecot de tenreira
- PEIXE: robaliza á prancha
- OUTRO: Existen altenativas do menú para persoas veganas, así coma con alerxias e intolerancias (sen glute: zorza, zamburiñas e chipiróns de entrante, vegetarianos: parrillada de verduras e pizza vexetal de entrante e de prato principal, lasaña de verduras). Elexindo esta opción, contactaremos contigo para concretar o teu menú.
—————————————————-
- LUGAR: UNED Vigo, 4ª Planta do Auditorio de Congresos Mar de Vigo.
- PREZO: Asistencia gratuita previa inscrición ás actividades da mañá. Asistencia á xornada completa, incluíndo a comida de confraternización: 5 € socias e residentes, 25 € non socias.
- INSCRICIÓN: ata o 27 de maio (INCLUIDO)
- ORGANIZA: Asociación Galega de Matronas
- COLABORA: CINFA, Ozoaqua, Cumlaude e Vea Olio.