Programa da Xornada “Día da Matrona 2025”
- 9:30-10:00 h. Acollida
- 10:00 – 11:00 h. Ponencia “Uso do óxido nitroso no parto” coa matrona Paula Pita.
- 11:00-12:00 h. Ponencia “Quen lle ten medo ao porno feroz? Claves para traballar a educación sexual con adolescentes” coa filósofa Miriam Alemán.
- 12:00-12:30 Café
- 12:30-13:30 Ponencia “Vacinación do VPH na vida sexual da muller: por que segue sendo clave tras a infección?” co xinecólogo Jesús de la Fuente Valero, presidente da Asociación Española de Patoloxía Cervical e Colposcopia (AEPCC).
- 13:30-14:30 Asemblea Ordinaria AGAM (exclusivo socias AGAM)
- 14:30-16:00 Xantar de confraternización
- 16:00-18:00 Obradoiro “Alivio da dor no parto”, coa matrona Susana Iglesias (PRAZAS ESGOTADAS, se te interesa asistir apúntate na lista de espera en https://forms.gle/XQKKSSqDDXsstYv7A)
* Solicitada acreditación ao Sistema acreditador da formación continuada.
Asistencia á Xornada “Día da Matrona 2025”
O evento terá lugar no Parador de Ferrol (A Coruña) e é preciso inscribirse ATA O MÉRCORES 7 DE MAIO.
- Reserva de praza para asistir á xornada: gratuita para socias, residentes e non socias.
- Reserva de praza para asistir á xornada e ao xantar:
- socias e residentes: 5,00 €
- non socias: 10,00 €
Menú xantar de confraternización
ENTRANTES: |
PRATO PRINCIPAL: |
POSTRE: |
BODEGA: |
- Pan soplao relleno de tartar de algas y pulpo
- Croquetas de marisco
- Caldo gallego
|
- PEIXE: Bacalao sobre guiso de setas y callos
- CARNE: Carrilleras de ternera al Mencía
(A elixir un dos dous)
|
Freixós rellenos de crema flambeados al orujo |
Aguas Minerales, Cervezas y Refrescos
Vinos Blanco y Tinto con D.O. seleccionados por el Parador Cafés Infusiones
Chupito de Licores Gallegos |
Convenio para aloxamento no hotel
Se algunha matrona estivera interesada en aloxarse no Parador durante a fin de semana no que se desenvolverá a xornada, pode facer uso do desconto do 15% para o colectivo de enfermería ou ao Sindicato SATSE.
Para as reservas, as interesadas deberán contactar directamente co Parador canto antes, indicando a súa asistencia a esta xornada.
- LUGAR: Parador de Ferrol, Praza do Contralmirante Azarola Gresillón, 15401 Ferrol, A Coruña.
- PREZO*: Asistencia gratuita previa inscrición ás actividades da mañá. Asistencia á xornada completa, incluíndo a comida de confraternización: 5 € socias e residentes, 10 € non socias.
- INSCRICIÓN: ata o 7 de maio (INCLUIDO)
- ORGANIZA: Asociación Galega de Matronas
- COLABORA: MSD, Vea Olio, Ozoaqua e Cumlaude.