Curso “Xestión mental da dor enfocada ao parto” (Nacer Sabiamente)

80,00120,00

APERTURA PRAZO INSCRICIÓN: 19 de agosto (socias), 26 de agosto (residentes e non socias).

 

Limpar

A AGAM organiza o curso de XESTIÓN MENTAL DA DOR ENFOCADA AO PARTO (Método Nacer Sabiamente), que impartirá o recoñecido matrón Alejandro Ojeda o vindeiro 16 de setembro en Santiago de Compostela.

Dirixido a:

  • Matronas e residentes de matronas
  • Prazo de inscricións:
    • 19/08/2022: apertura de inscricións para socias ás 12:00 h, prezo: 80,00 € (Faite socia da AGAM aquí).
    • 26/08/2022: poderánse inscribir a partir das 12:00 h. residentes (prezo: 80,00 €) e non socias da AGAM (prezo:120,00 €).

Método de aprendizaxe:

  • 100% presencial
  • A interacción será constante, mediante resolución de dúbidas, casos prácticos e exercicios en grupo onde poder integrar o contido teórico.
  • Só 25 prazas, para garantizar unha adecuada participación e seguemento.
  • 8 horas de duración. 

Data e lugar de celebración

A formación realizarase nunha única sesión o venres 16 de setembro, de 09:00 a 18:30 h. na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela)

Docencia

Obxectivos:

Obxectivos xerais:

  • Comprender o funcionamento xeral da mente e como afectan os seus procesos ao parto.
  • Entender a fisioloxía da dor e as estratexias mentais para alivialo no parto.
  • Aprender e practicar estratexias de comunicación efectiva para un acompañamento adecuado tanto na preparación como no propio parto.

Obxectivos específicos:

  • Profundar sobre a dor no parto: causas, funcións e condicionamentos.
  • Estratexias de alivio da dor no parto: reencuadrar o concepto de “dor de parto”, xestionar e afrontar eficazmente o parto, usar a mente e o corpo para activar unha resposta neurofisiológica positiva.
  • Aprender as estratexias de comunicación efectiva para facilitar a xestión da dor.
  • Practicar as estratexias aprendidas para o alivio da dor para integralas.

Contido da xornada

  • El por qué: aprendiendo sobre la importancia de la mente y la comunicación
    • Dolor: definición y teorías
    • Alivio psicológico del dolor
    • Dolor en el parto: funciones y condicionantes
  • El qué: lo que se puede hacer para gestionar el dolor
    • Reencuadrando el concepto de “dolor en el parto”
    • Gestión y afrontamiento del dolor en el parto
    • Estrategias para el alivio del dolor en la preparación al parto
  • El cómo: utilizar nuestra comunicación para facilitar el proceso
    • Estrategias comunicativas para facilitar la gestión del dolor
    • Puesta en práctica: activación de la respuesta neurofisiológica adecuada
    • Puesta en práctica: nos comunicamos para lograr el alivio del dolor
Tipo de praza

Socias, Residentes, Non socias