Curso MÉTODOS NON FARMACOLÓXICOS DE ALIVIO DA DOR NO PARTO

25,00

APERTURA PRAZO INSCRICIÓN: 19 de xaneiro 2023 ás 12:00 h (socias e colexiadas COEPO), 20 de xaneiro 2023 ás 12.00 h(residentes e non socias).

Limpar

A AGAM organiza, en colaboración co Colexio de Enfermería de Pontevedra, unha formación moi demandada entre as asociadas sobre métodos non farmacolóxicos de alivio da dor no parto, que impartirá a matrona Susana Iglesias.

A dor que se pode experimentar no parto é produto dunha acumulación de estímulos fisiolóxicos, psicolóxicos e socioculturais, pero as sensacións son moi distintas en cada muller e en cada un dos partos da mesma. Con este curso procúrase que o alumnado adquira coñecementos teóricos e clínicos acerca do manexo da dor no parto, así como destrezas prácticas que permitan administrar distintos métodos de alivio de dor NON farmacolóxicos no parto.

Dirixido a:

  • Matronas e residentes de matronas
  • Prazo de inscricións:
    • 19/01/2023: apertura de inscricións para socias e colexiadas do COEPO ás 12:00 h, prezo: 25 € (Faite socia da AGAM aquí).
    • 20/01/2023: poderánse inscribir a partir das 12:00 h. residentes (prezo: 25 €) e non socias da AGAM (prezo: 50 €).

Método de aprendizaxe:

  • 100% presencial
  • Só 20 prazas, para garantizar unha adecuada participación e seguemento.
  • Metodoloxía docente:
    • exposición: métodos audiovisuais e conferencia.
    • demostración: con distinto material dispoñible na aula ( pelotas tenis, moxas, agullas, etc).
    • taller vivencial:  tod@s as participantes poderán realizar as distintas técnicas de alivio de dor e probar como se percibe a experiencia no propio corpo.
  • 16 horas de duración.

Data, lugar de celebración

A formación realizarase ao longo de 4 sesións nos días 1,2,8 e 9 de febreiro, en xornada de tarde de 16:00 a 20:00 h. na sede do COEPO en Vigo (R/ Aragón 197).

Contidos

  • PRIMEIRA SESIÓN (mércores 01/02/23):
    • Introducción e presentación do curso
    • Test coñecementos previo.
    • Métodos de alivio de dor non farmacolóxicos: evidencia científica.
    • Posturas antiálxicas e masaxes:
      *Masaxes: cabeza, espalda, sacro, pés.
      *Posturas. Walchers, liberación lateral, etc
      *Inxección auga estéril.
  • SEGUNDO SESIÓN (xoves 02/02/23):
    • Alivio de molestias e corrección de distocias con Medicina Tradicional china (acupuntura, acupresión, auriculoterapia)
  • TERCEIRA SESIÓN (mércores 08/02/23):
    • Alivio de molestias e corrección de distocias con rebozo.
  • CUARTA SESIÓN (xoves 09/02/2023):
    • Alivio de molestias e corrección de distocias con otros métodos non farmacolóxicos (homeopatía, flores de Bach, aromaterapia, reflexoloxía)
    • Test de coñecementos final
    • Avaliación do curso e clausura.
Tipo de praza

socias, colexiadas COEPO, residentes, non socias