A ecografía constitúe unha ferramenta cada vez máis presente na atención á saúde sexual e reprodutiva das mulleres, permitindo unha valoración complementaria durante a xestación, o parto e o puerperio. Esta formación busca proporcionar ás matronas unha aproximación inicial ao uso da ecografía obstétrica, favorecendo a adquisición de competencias básicas no manexo do ecógrafo, a identificación de estruturas anatómicas e a realización de exploracións ecográficas básicas no ámbito materno-fetal.
Trátase dunha formación exclusiva para socias da AGAM, cun enfoque eminentemente práctico e orientado á realidade asistencial das matronas.
Información xeral
- Datas:
- 2 de xuño de 2026, de 15.00 a 20.00 h.
- 3 de xuño de 2026, de 09.30 a 14.30h e de 15.30 a 20.30 h.
- Lugar de celebración: Vigo
- Duración: 15 horas
- Modalidade: 100% presencial
- Número de prazas: 24
- Custe da formación: Gratuíto
- Dirixido a: Matronas e residentes de matrona socias da AGAM (podes facerte socia da AGAM aquí, tamén se eres residente de matrona!)
- Acreditación: Solicitada acreditación para profesionais sanitarios
Docente
- Luis Jiménez Vales (matrón)
Programa
Parte teórica (5 horas)
Aspectos básicos de ecografía
- Principios físicos
- Imaxe ecográfica
- Modos ecográficos
- Aparato de ecografía
- Planos ecográficos
Ecografía obstétrica
- Anatomía ecográfica fetal
- Exploración ecográfica materno-fetal
- Ecografía de 1º, 2º e 3º trimestre de xestación
- Exploración básica eco intraparto
- Eco posparto
- Implicacións ético-legais
Parte práctica (10 horas)
Manexo básico do ecógrafo
- Acendido, apagado, configuración e programación do aparato
- Tipos de sondas
- Cadro de mandos e funcións ecográficas
Ecografía en pacientes
- Ecografía fetal de 1º trimestre: número de embrións, LCF, CRL
- Ecografía fetal de 2º trimestre: recoñecemento de estruturas fetais
- Ecografía fetal de 3º trimestre: valoración de estática fetal, placenta e líquido amniótico
- Ecografía puerperal: valoración de diástase de rectos abdominais e valoración RROP (útero posparto)