60,00€
APERTURA PRAZO INSCRICIÓN: 22 de marzo de 2024 ás 12:00 h (socias), 27 de marzo 2024 ás 12.00h (residentes e non socias).
A AGAM organiza o curso “Educación sexual grupal en las diferentes etapas vitales”, que impartirá a matrona Lucía Martínez Villarejo o vindeiro 15 de maio en Santiago de Compostela.
Este curso incorpora recursos teóricos e prácticos para liderar programas de educación sexual con maior seguridade, incluíndo as últimas novidades, e capacita ás matronas para deseñar e implementar proxectos EPS utilizando a educación sexual como ferramenta principal.
Incorporar a educación sexual como estratexia de promoción do pracer e prevención de complicacións en materia de saúde sexual. Fomentar a vivencia dunha sexualidade sa a través da elaboración de proxectos de educación para a saúde grupal, adaptada ás diferentes etapas vitais.
• Coñecementos: Describir as peculiaridades da vivencia da sexualidade nas diferentes etapas vitais (infancia, adolescencia, embarazo, posparto, menopausa e vellez), e coñecer as diferentes técnicas educativas utilizadas en educación sexual.
• Habilidades: Deseñar un proxecto de educación sexual, identificando as necesidades de aprendizaxe de cada etapa vital, e vivenciar algunhas das técnicas/dinámicas expostas.
• Actitudes: Apoiar a vivencia positiva da sexualidade, e participar en actividades grupais de promoción da saúde sexual, prevención de riscos e recuperación de dificultades sexuais.
A formación realizarase o mércores 15 de maio , de 08:30 a 20.30 h na SALA I do Edif. Biblioteca e Arquivo de Galicia na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela).
Mañá do 15 de maio 2024 (8:30-14h)- 5 horas
1. Sexualidad en las diferentes etapas
2. Trabajar en Educación para la salud
Tarde do 15 de maio 2024 (15-20:30h)-5 horas
3. Práctica de técnicas educativas
4. Diseño de un proyecto de educación sexual grupal
Tipo de praza | socias, residentes, non socias |
---|