75,00€
APERTURA PRAZO INSCRICIÓN: 23 de xullo de 2025 ás 16:00 h (socias), 30 de xullo de 2025 ás 16.00h (residentes e non socias).
A AGAM organiza o curso “Disfuncións do Complexo Abdómino-Lumbo-Pélvico (CALP) para Matronas”, que impartirá a matrona Sara Cañamero o vindeiro mes de setembro en Marín (Pontevedra).
Este curso consta de unha sesión teórica online (5 h) e unha sesión práctica presencial (10 h).
Dirixido a:
Dotar ás matronas de coñecementos actualizados sobre a anatomía e funcionalidade do complexo abdómino-lumbo-pélvico (CALP), así como de ferramentas prácticas para a súa correcta avaliación, prevención e manexo en consulta das súas principais disfuncións, ou para a derivación a outros especialistas cando sexa preciso.
Ao rematar o curso, as participantes serán capaces de:
A formación realizarase o luns 8 de setembro en modalidade online presencial, de 15:30 a 20.45 h, e o xoves 11 de setembro en Marín (Pontevedra) de 09:00 a 20:45 h.
16:30 – 17:30 h. Anatomía funcional do CALP
17:30 – 17:45 h. Descanso
17:45 – 20:45 h. Principais disfuncións do CALP
09:00 – 11:30 h. Avaliación do CALP – Parte I
11:30 – 11:45 h. Descanso
11:45 – 14:15 h. Avaliación do CALP – Parte II
15:30 – 18:00 h. Abordaxe e manexo por parte da matrona – Parte I
Hixiene postural e respiración
Adestramento do CORE: técnica hipopresiva, activación do transverso abdominal e oblicuos
Estimulación muscular do chan pélvico (EMSP)
Manexo de cicatrices
18:00 – 18:15 h. Descanso
18:15 – 20:45 h. Abordaxe e manexo por parte da matrona – Parte II
Técnicas para o manexo da hipertonía
Respiracións, tipos de puxo e protección perineal no embarazo e parto
Indicadores de derivación a outros especialistas
IMPORTANTE: a parte práctica realizarase entre as participantes e inclúe técnicas de exploración intracavitaria. A participación nesta parte é obrigatoria.
| Tipo de praza | socias, residentes, non socias |
|---|