Curso “Disfunciones sexuales femeninas en la consulta de la Matrona”

60,0080,00

APERTURA PRAZO INSCRICIÓN: 16 de setembro de 2024 ás 16:00 h (socias), 23 de setembro 2024 ás 16.00h (residentes e non socias).

Limpar

A AGAM organiza o curso “Diagnóstico y tratamiento de disfunciones sexuales femeninas en la consulta de la Matrona”, que impartirá a matrona Lucía Martínez Villarejo o vindeiro 25 de novembro en Santiago de Compostela.

Este curso incorpora recursos teóricos e prácticos para abordar a saúde sexual con maior seguridade, incluindo as últimas novidades e capacita ás matronas para o diagnóstico e tratamento de disfuncións sexuais femininas empregando a educación sexual como ferramenta principal.

Dirixido a:

  • Matronas e residentes de matronas
  • Prazo de inscricións:
    • 16/09/2024: apertura de inscricións para socias ás 16:00 h, prezo: 60€ (Faite socia da AGAM aquí).
    • 23/09/2024: poderánse inscribir a partir das 16:00 h. residentes (prezo: 60 €) e non socias da AGAM (prezo: 80 €).

Método de aprendizaxe:

  • 100% presencial
  • Só 24 prazas, para garantizar unha adecuada participación e seguemento.
  • 10 horas de duración.
  • Solicitada acreditación polo sistema acreditador da formación continuada.

Obxectivos

Obxectivo xeral:

Integrar a sexología na actividade asistencial das matronas e promover os procesos fisiolóxicos de saúde sexual, incluíndo a educación sexual como primeira liña de tratamento de disfuncións sexuais femininas.

Obxectivos específicos:

    • Coñecementos: Describir os tipos de disfuncións sexuais femininas, e planificar as diferentes técnicas que facilitan o seu diagnóstico e tratamento.
    • Habilidades: Preparar contido en educación sexual, identificando as necesidades de aprendizaxe, e rexistrar os datos na historia clínica sexual.
    • Actitudes: Apoiar a vivencia positiva da sexualidade, e participar en actividades individuais de promoción, prevención e recuperación da saúde sexual.

Data, lugar de celebración

A formación realizarase o luns 25 de novembro, de 08:30 a 20.30 h na SALA 9 do Edif. Fontán na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela).

Contidos

1. Resultados enquisa inicial e obxectivos (1h).
2. Resposta sexual feminina (1h)
3. Disfuncións sexuais femininas (2,5h).
4. Anamnesis e historia sexual (1,5h)
5. Tratamento disfuncións sexuais femininas (4h).

Tipo de praza

socias, residentes, non socias