06 Ago Curso acreditado: “Mitos e realidades no abordaxe clínico das cicatrices”
Desde a AGAM queremos compartir unha nova oportunidade formativa de interese para as matronas galegas: o curso “Mitos e realidades no abordaxe clínico das cicatrices”, recentemente acreditado con 6,3 créditos oficiais polo Consell Català de Formació Continuada de les Professions Sanitàries – Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde.
Este curso ofrece unha visión actualizada, baseada na evidencia científica, sobre a valoración e tratamento clínico das cicatrices, desmontando mitos frecuentes e aportando ferramentas prácticas aplicables á nosa realidade asistencial.
Por que resulta de interese esta formación?
Trátase dun curso gamificado, no que poderás sumar puntos, escalar postos nun ranking estatal e competir de maneira saudable con outros profesionais sanitarios.
- A metodoloxía é dinámica, innovadora e adaptada ao ritmo de aprendizaxe de cada participante.
- Os contidos están orientados á práctica clínica e ao desenvolvemento profesional continuado.
- Premios para as mellores puntuacións:
- Postos 1 a 3: inscrición gratuíta a un congreso nacional.
- Postos 4 a 6: subscrición anual a unha revista científica ou un libro de referencia.
Desde a AGAM apoiamos esta iniciativa, avalada tamén pola FAME, pola súa calidade e innovación, e animamos ás nosas socias e compañeiras matronas a aproveitar esta proposta formativa.
Inscricións ao curso sobre cicatrices
Accede ao curso e inscríbete en https://www.seronoser-cicatrices.es