Congreso matronas AME FAME 2025 euskadi

Euskadi acolle a celebración do XXIII Congreso FAME 2025

Temos o pracer de anunciarvos a celebración do II Congreso da Asociación de Matronas de Euskadi (AME-EEE) e do XXIII Congreso da Federación de Asociacións de Matronas de España (FAME), que terán lugar os días 23, 24 e 25 de outubro de 2025 no Palacio de Congresos Kursaal de Donostia-San Sebastián. O lema deste congreso é:

“Matronas avanzando: con ciencia, con respecto, con paixón.”

Este evento constituirá un espazo de aprendizaxe, reflexión e crecemento, onde compartiremos as últimas investigacións, experiencias e avances nos ámbitos da obstetricia, xinecoloxía e saúde en xeral. Será tamén unha oportunidade para fortalecer os lazos entre profesionais.

Animámosvos a participar activamente e a uniros a este movemento de transformación onde a ciencia, o respecto e a paixón guían o noso camiño.

Web oficial: Home – Congreso AME 2025

Inscricións: Formulario de inscrición

Envío de comunicacións: Envío de comunicacións

Data límite para o envío de comunicacións: A data límite será o 16 de xuño de 2025 para os resumes que optan a comunicación oral e comunicación póster.

Esperámosvos en Donostia-San Sebastián para compartir coñecementos e experiencias que contribúan ao avance da nosa profesión.