
26 Nov Charla-Coloquio organizada pola AGAM en Santiago
A AGAM organiza xunto ao Espazo Veciñal de Sar este encontro no que se falará sobre o que queren as mulleres no nacemento d@s seus/súas fill@s e sobre o que estamos a ofrecer actualmente os sanitarios.
O acto terá lugar no Centro Socio Cultural do Sar o vindeiro xoves 29 de novembro ás 20.00h.
Contarase coa participación de:
- Sarai Fernández Marqués (O Parto é Noso – El Parto es Nuestro): “Que queremos as mulleres nos partos?”.
- Marta Conde García (matrona, comité de ética asistencial do EOXI Santiago de Compostela): “Os profesionais e a violencia obstétrica.”
- Arancha Dominguez Luna (matrona, vicepresidenta da AGAM): “Violencia Obstétrica: nomear o invisible.”
- Flora Miranda Pena (médica e deputada): “Pola autonomía das mulleres, por unha maternidade respectada.”
- Jesica Rodríguez Czaplicki (psicóloga perinatal): “Secuelas psicolóxicas da violencia obstétrica.”
A charla será moderada por Benigna Castro, matrona e representante do Espazo Veciñal do Sar.
Agardámosvos!