Desde a Asociación Galega de Matronas queremos destacar a traxectoria e esforzo de Cristian Martín Vázquez, quen presentou o pasado mes de outubro a súa tese de doutoramento, na que propón un cambio de paradigma cara a unha atención prenatal con enfoque bio-psico-social, deixando atrás o modelo tradicionalmente biomédico.
A Asociación Galega de Matronas (AGAM) convida a todas as matronas e profesionais relacionadas coa saúde da muller a participar na emocionante xornada do “Día da Matrona 2024”, que terá lugar este sábado 4 de maio no Iberik Balneario de Guitiriz, en Lugo.