Campaña de vacinacion antigripal galicia 2021

Campaña de vacinación antigripal 2021

Un ano máis comeza a campaña de vacinación antigripal en Galicia.

Campaña de vacinación antigripal

Esta vacinación realízase como consecuencia dunha decisión da autoridade sanitaria en materia de saúde pública, por un risco epidemiolóxico e co fin de preservar a saúde colectiva e a das persoas cun maior risco de desenvolver complicacións por esta enfermidade, polo que non require diagnóstico nin prescripción previa.

Cartel campaña de vacinacion antigripal 2021 galicia

A gripe é unha enfermidade transmisible e previble, que pode evolucionar dende leve a grave e incluso mortal, sobre todo en persoas de risco. Por iso a Consellería de Sanidade re aliza cada outono dende 1991, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública e do Servizo Galego de Saúde, a campaña de vacinación antigripal.

A vacina demostrouse segura e eficaz para diminuir o número de complícacións desta enfermidade, o cal, adquire unha maior relevancia no contexto da pandemia que estamos a padecer, xa que debemos coidar ao sistema sanitario para que teña a capacidade de asumir a atención aos pacientes que presenten calquera destas enfermidades axudando a diminuir o número de mortes, ingresos e enfermos. Por iso é moi importante acadar unha alta cobertura, tanto pola protección individual, como pola axuda a romper cadeas de transmisión e protexer aos demais.

Dende a AGAM informamos da importancia da difusión desta campaña entre as xestantes por ser poboacion de risco e recordamos que a recomendación da vacinación antigripal das autoridades sanitarias inclúe a todolos profesionais da saúde.

O Sergas conta coa web gripe.sergas.es para informar á poboación e ao persoal sanitario sobre esta campaña.

Web gripe Sergas 2021INFORMACIÓN PARA PROFESIONAIS SANITARIOS

documentación complementaria: