Campaña para conseguir pediatras e matronas en Galicia

Un grupo de nais e pais, cansos da precaria situación do servizo sanitario no rural galego, decidiron unir forzas e promover esta campaña para conseguir pediatras e matronas en Galicia.

Firmas para conseguir pediatras e matronas en Galicia

A plataforma xurde para loitar por un dereito fundamental como é o acceso a unha sanidade pública de calidade para as nosas crianzas. Para tal fin creouse hai dous meses unha petición en Change.org, que continúa a sumar apoios.

Segundo este colectivo a falta de pediatras e matronas conleva unha desigualdade fundamental no acceso á saúde. Critican a figura do profesional itinerante, pediatras ou matronas que atenden varios municipios polo que as familias non dispoñen do servizo todos os días da semana. As usuarias vense afectadas tamén porque cada pouco tempo cambian aos profesionais. Esto fai imposible o correcto seguimento de cada caso. A maiores, segundo a AEPed, en Galicia contamos cun 11,99% de prazas que non son cubertas por especialistas en pediatría.

Á falta de sustitucións no periodo estival e ante as baixas por enfermidade, súmase tamén a agrupación da atención sanitaria en centros grandes sen reforzar o persoal dos mesmos, o que conleva unha sobrecarga dos profesionais.

Desde a AGAM somos coñecedoras da difícil situación que viven as matronas que traballan en atención primaria. Concordamos con que esta situación converxe nunha grave falta de seguimento de mulleres e nenos, que comeza desde o embarazo e continúa ao longo dos anos. Está nas nosas mans – profesionais e usuarios- facer algo para tentar mellorar o sistema.

Non podemos olvidar a mobilización social ante a peche do servizo de partos en Verín o ano pasado. Por iso animamos ás compañeiras matronas e a toda a poboación a compartir e poñer de manifesto as carencias que atopan nos centros de saúde galegos.

Un reto para as redes sociais no día dos dereitos da infancia

Mañá 20 de novembro celébrase o Día Internacional dos Dereitos na Infancia. A plataforma lanza esta convocatoria para inundar as redes sociais con fotografías en branco e negro cos brazos en X como símbolo desta loita:

Conseguir pediatras e matronas en Galicia

Reclamacións ao Sergas e ao Valedor do Pobo

As matronas mantemos o noso compromiso de velar polo benestar e polos dereitos das mulleres. É por iso que recomendamos á cidadanía a empregar as canles oficiais destinadas para esta finalidade. Os escritos describindo as carencias de servizos pódense presentar de forma presencial. En canto a realizar esta xestión de forma dixital, as plataformas a empregar serían:

Xunto co rebumbio que se poida facer nas redes sociais, entre todos podemos mellorar a sanidade pública na nosa comunidade.