AGAM portada video Día da matrona 2023 matronasgalegas

Campaña do Día Internacional da Matrona 2023

Con motivo da celebración do Día Internacional da Matrona o vindeiro 5 de maio, as matronas galegas reivindican a importancia do seu traballo na saúde das mulleres.

Campaña do Día Internacional da Matrona 2023
Cartel Día da Matrona 2023 AGAM matronasgalegas

A Asociación Galega de Matronas (AGAM) lanza unha campaña co obxectivo de destacar a importancia das matronas na atención da saúde sexual e reproductiva das mulleres ao longo da toda a súa vida. O lema elexido pola International Confederation of Midwives (ICM) para a celebración desta efeméride, “Xuntas de novo: da evidencia á realidade“, rinde homenaxe aos esforzos das matronas, matróns e ás súas asociacións para poñer en práctica á evidencia científica ao servizo da sociedade.

A campaña conta cun video como eixo central no que se amosa o día a día do traballo das matronas. Elaborado en colaboración co ACIS (Axencia Galega de Coñecemento en Saúde), será difundido polo Sergas, tanto a través da súa intranet profesional como tamén a través das pantallas das salas de espera dos centros sanitarios de toda Galicia.

Mulleres e matronas, unha vida xuntas

As matronas son profesionais sanitarias altamente cualificadas, que ofrecen atención personalizada e de calidade en distintos ámbitos como consultas, urxencias ou nas plantas de maternidade. A súa labor é fundamental non só no seguemento do embarazo e a atención ao parto, senón tamén noutras fases importantes da vida das mulleres como a adolescencia, o climaterio e a menopausa.

Video AGAM Día da Matrona 2023 captura 01

A AGAM reivindica no seu día o importante papel das matronas na creación de familias máis saudables e comunidades máis fortes, proporcionando ás mulleres a información necesaria para a toma de decisións sobre a súa saúde e a da súa familia. Ademais, a matrona é unha aliada na prevención e detección precoz de patoloxías como o cancro de cérvix, a través da realización de citoloxías ou do asesoramento sobre métodos anticonceptivos. Tamén presta atención no postparto, consulta de lactancia, revisión do chan pelviano e outros aspectos relevantes da saúde sexual e reproductiva das mulleres.

A evidencia científica respalda o traballo destas profesionais sanitarias, xa que os seus coidados producen beneficios significativos para a saúde das mulleres e das súas familias, repercutindo de forma favorable en toda a sociedade.

Video AGAM Día da Matrona 2023 captura 04

Xornada científica “Día da matrona 2023”

Por outro lado, a AGAM organiza unha xornada científica – en colaboración con MSD, Nursicare e VEA OLIO– que se celebrará este sábado 6 de maio no Hotel Galatea en Sanxenxo (Pontevedra). Esta actividade inclúe ponencias sobre VPH, o cribado de cancro de cérvix e tamén sobre a Endometriose, coa participación da Asociación querENDO: Mulleres con endometriose. A xornada rematará cun xantar de confraternización e unha clase de defensa persoal.

Día da Matrona 2023 matronas galegas AGAM_1x1