Asistimos ás XII Xornadas de Saúde Perinatal en Santiago de Compostela

Un ano máis, Santiago acolleu as Xornadas de Saúde Perinatal e Reprodutiva organizadas pola ACIS do Sergas.

O programa completo desta edición pódese consultar na seguinte ligazón.

Pola mañá, a nosa compañeira matrona Sonia Uceira falou sobre “Cuidados en el proceso de duelo y muerte perinatal”.

xornadas saude perinatal santiago 2018 AGAM

Pola tarde, a matrona Diana Luque participou na mesa redonda “Banco de Leche” para falar sobre “Consulta de lactancia en el banco de leche humana”.

xornadas saude perinatal santiago 2018 AGAM

O máis salientable da xornada de onte foi a presentación da nova guía de consulta preconcepcional e embarazo de baixo risco, así coma a presentación dos resultados SICRI-2016 sobre embarazo e parto, no que a AGAM participou.
Además das interesantes ponencias e mesas redondas, o programa incluiu comunicacións orais, casi todas elas lideradas ou presentadas por matronas, coma foi o caso da nosa compañeira Natalia Alonso, cuxa comunicación versou sobre a Aplicación de la escala de Bolonia (BS) en evaluación de la atención al parto en los hospitales gallegos”.

Pola súa parte, a matrona Marta Conde presentou parte dos resultados da enquisa sobre a percepción das mulleres galegas sobre a violencia obstétrica.

xornadas saude perinatal santiago 2018 AGAM

Cabe realizar unha mencion especial a Marisol Montenegro e as compañeiras do Hospital do Salnés,xa que a súa interesante comunicación sobre o manexo expectante da rotura prematura de membranas gañou o premio á mellor comunicación das xornadas.

xornadas saude perinatal santiago 2018 AGAM

Agradecemos un ano máis o esforzo e o traballo de organización destas xornadas de Loli Martinez. Desde a Asociación Galega de Matronas queremos manifestar o noso interese e apoio para que o SERGAS continúe apostando por este tipo de encontros tan necesarios para os profesionais que traballamos na atención perinatal.