Entrevistas a matronas galegas en TVG, radio galega e cadena ser semana mundial parto respectado e día internacional da matrona 2023 AGAM

As matronas galegas nos medios de comunicación (maio 2023)

O mes de maio é o mes das matronas por excelencia. Por ese motivo, algúns medios de comunicación contactaron con varias compañeiras para coñecer un pouco mellor a nosa profesión.

Reportaxe na TVG

A TVG elaborou unha reportaxe na que se reflicte o día a día das matronas, tanto no seu traballo no hospital coma nos centros de saúde. Para iso, unha equipo acompañou ás matronas Isabel Abel e María Coego. Pódese acceder á reportaxe nesta ligazón.

Entrevista á presidenta da AGAM en Cadena Ser

Por outra banda, compartimos a entrevista emitida o pasado 7 de maio no programa A vivir Galicia (Cadena Ser) a Noelia Amor, presidenta da AGAM. Con motivo da celebración do Día Internacional da Matrona, aproveitouse para denunciar a contratación en precario que padece a profesión da matrona e a sobrecarga de traballo ao ser un número moi insuficiente en relación á poboación de Galicia.

Entrevista cadena ser radio noelia amor presidenta AGAM 070523 dia internacional da matrona 2023

Entrevistas pola Semana Mundial do Parto Respectado

Durante a terceira semana de maio celébrase a Semana Mundial do Parto Respectado. Por este motivo os medios de comunicación interesáronse e solicitaron a colaboración da AGAM para realizar entrevistas para falar do parto respectado e da profesión de matrona.

Neste ano 2023, o lema elixido para a celebración da semana mundial foi “Coidemos dos partos e coidaremos das familias“. Se o parto é respectado, a muller sairá reforzada pola boa asistencia sanitaria, de forma que poderá coidar moito mellor da súa familia.

A nosa compañeira Isabel Abel- secretaria da AGAM- participou nunha entrevista no programa A Revista da TVG o pasado xoves 18 de maio. Falou sobre partos respectados, dereitos no parto e nacemento e o plan de parto, afondando na idea de que un parto respectado é aquel no que se respecta a fisioloxía do proceso e no que se respectan as decisións das mulleres. Fixo tamén fincapé en que o plan de parto contribúe a que as mulleres coñezan o proceso e tomen decisións, lembrando que é un documento que ten validez legal. Tanto en atención primaria, na consulta da matrona, como nalgúns hospitais, as matronas traballan o plan de parto coas mulleres e as súas familias, ben de forma individual ou mediante charlas grupais, nas que se informa ás mulleres sobre os seus dereitos e sobre aqueles aspectos que poden decidir sobre o parto e nacemento do seu bebé. Pódese consultar a entrevista completa nesta ligazón:

E o sábado 20, Beni Martínez e Jéssica Maneiro participaron nunha entrevista na Radio Galega. Nela falaron sobre a profesión da matrona desde a perspectiva da experiencia e de quen leva poucos anos traballando. Podese consultar a entrevista completa nesta ligazón.