As matronas galegas no XX Congreso FEDALMA na Coruña

Durante este último trimestre de 2025, as matronas galegas tiveron unha destacada presenza en diversos encontros profesionais. A comezos de outubro, os días 3 e 4, a Asociación Galega de Matronas (AGAM) participou activamente no XX Congreso FEDALMA, un encontro de referencia no ámbito da lactancia materna que reuniu en A Coruña a profesionais de todo o país comprometidas coa protección e promoción da lactancia.

Nesta edición, a AGAM colaborou como micropatrocinadora do congreso, reafirmando así o seu compromiso co avance do coñecemento e coa posta en valor do papel das matronas na atención á maternidade e á infancia.

Ademais, a nosa asociación tivo a honra de facer entrega de dous premios, recoñecendo o esforzo, a calidade investigadora e o compromiso profesional das compañeiras premiadas.

  • Premio AGAM á mellor comunicación oral, para as autoras Coral Castro Cuervo y Yurima Hernández Armas, co título: “Conocimientos sobre la iniciativa ihan del personal de atención primaria del Área de Salud de Lanzarote”
  • Premio AGAM ao mellor póster presentado por matronas, para as autoras Laura Gómez Viéitez, Myriam Santos Folgar e Belén Nieves Fernández, co título: “¿Tienen acceso los hijos de madres con cáncer de mama a leche materna donada?”

As nosas socias Susana Yáñez e Marta Castro asistiron ao congreso tras resultaren gañadoras do sorteo de unha entrada presencial e unha entrada online con acceso ao streaming en directo, realizado entre todas as asociadas.

Desde a AGAM queremos agradecer á organización de Alma Lactancia polo seu labor e a FEDALMA pola oportunidade de formar parte deste evento, que pon de manifesto a importancia da formación, a investigación e o acompañamento ás familias como piares fundamentais para seguir avanzando na humanización dos coidados.