As matronas estamos con vós

Estamos con vós cando nun último grito dicides “non podo” e de súpeto felicidade.
Estamos con vós cando chegades chorando polo vermello máis aterrador das vosas vidas.
Estamos con vós cando ondas de calor comezan a acompañar as vosas noites.
Estamos con vós cando decidides non dar vida.
Estamos con vós cando a vida se escapa antes de poder respirar por si mesma.
Estamos con vós cando a vergoña que vos molla os pantalóns e vos evita falarme dela.
Estamos con vós en cada test negativo que fai esvarar unha bágoa.
Estamos con vós cando escolledes gozar coa vosa pel.
Estamos con vós cando nela aparece violeta.
Estamos con vós cando o violeta, non se ve, pero se sente na alma.
Estamos con vós cando criades coma lobas, contra vento e marea.
Sóas. Acompañadas. Estamos con vós.
Para vós.
Para sermos libres, todas.
Todos os días son o día da muller e o noso traballo é estar ó carón de todas vós.

[Texto e fotografía: LidiaCigüeña]