aprazamento cursos AGAM

Aprazamento do curso de Xestión do Estrés e da Xornada sobre Vacinación

Informamos do aprazamento por falta de aforamento mínimo dos cursos Xestión do Estrés para Matronas e das Xornadas de Vacinación con GSK para o terceiro trimestre deste ano.

Nas últimas semanas, as compañeiras veñen transmitíndonos o seu interese en asistir a estas dúas actividades, pero as datas nas que estaban previstas resultaba imposible que moitas delas poidesen acudir, sobre todo tendo en conta a proximidade da realización dos exames da OPE.

Aproveitamos para enviar unha mensaxe de ánimo para todas as matronas que están a prepararse para conseguir praza nas vindeiras oposicións, e desexarlles a mellor das sortes!

Tags: