06 Out A AGAM esixe ao ACIS que oferte a totalidade de prazas acreditadas para formar matronas a partir do curso 2024/2025
Onte pola mañá, Isabel Abel e Cristina Lojo, en representación da xunta directiva da AGAM, reuníronse en Santiago de Compostela con Antonio Fernández Campa, xerente da ACIS e con Cristina Pérez Feás, xefa do servizo de docencia.
Dúas matronas máis en formación por curso
O obxectivo prioritario desta reunión era conseguir que en Galicia se oferten as 20 prazas que están xa acreditadas para realizar a especialidade de Xinecoloxía e Obstetricia, dúas prazas máis que as que se están a aproveitar actualmente. Dende ACIS recibiron a proposta con gran interés e comprometeronse a facer todo o posible por ofertar a totalidade destas 20 prazas na vindeira convocatoria do 2024/2025.
Neste encontro, desde a AGAM tamén instamos a aumentar a acreditación de novas prazas EIR para matrona para que nos vindeiros anos poidamos formar a máis compañeiras e así solventar o problema de relevo xeneracional que está a vivir a nosa profesión. Esta é unha batalla que xa contamos que nos vai levar moito máis tempo e esforzo. Desde AGAM non cesaremos en reclamar este tan necesario aumento de prazas de formación.
Proposta de colaboración para cursos ACIS
Por outra banda, desde ACIS recibimos a proposta de formación para desde a nosa asociación poidamos propoñerlles cursos e outros contidos de interese para matronas e mesmo poidamos ofertar nós contidos para outros profesionais dentro da súa programación de formación.