10 Mai Actualización 2023 da Iniciativa ao Parto Normal (IPN)
Alédanos compartir o documento actualizado da Iniciativa ao Parto Normal, así coma un novo modelo editable de Plan de Nacemento elaborados pola Federación de Asociacións de Matronas de España (FAME).
A Iniciativa ao Parto Normal (IPN) é unha campaña que puxo en marcha a Federación de Asociacións de Matronas de España (FAME) no ano 2006. Esta campaña cuestionaba o alto grao de intervencionismo e medicalización do parto que existía nesas datas no noso país, ía dirixida basicamente ás matronas que traballan no acompañamento ao nacemento nos hospitais e a aquelas que realizan o control do embarazo e a preparación ao nacemento en atención primaria.
Os seus obxectivos eran: sensibilizar e fortalecer ás matronas nas súas competencias no parto normal; crear opinión entre as mulleres e a sociedade sobre o acompañamento ao parto normal por parte das matronas; facer reflexionar ás sociedades científicas sobre a importancia do parto normal, así como ser un referente no Ministerio de Sanidade e nas respectivas Consellerías de Saúde.
Daquela campaña inicial xurdiu a definición de parto normal na FAME:
«Un parto normal é o proceso fisiolóxico único co que a muller finaliza a súa xestación a termo, no que están implicados factores psicolóxicos e socioculturais. O seu inicio é espontáneo, desenvólvese e termina sen complicacións, culmina co nacemento e non implica máis intervención que o apoio integral e respectuoso do mesmo».
Preme sobre as imaxes para acceder á actualización 2023 da Iniciativa ao Parto Normal (IPN):