Acto de despedida da XXVII promoción de matronas

A Asociación Galega de Matronas participou onte pola mañá no acto de despedida da XXVII promoción de matronas.

María Jesús Núñez Iglesias, Xefa de Estudos da Unidade Docente de Galicia da Especialidade, foi a encargada de abrir o acto celebrado no Pazo de Fonseca, en Santiago de Compostela, ao que asistiron as matronas que remataron este ano a súa residencia.

A residencia de matronas rematou este ano un pouco máis tarde do habitual debido a retrasos acontecidos por mor da pandemia.

Iria Asorey Veiga, vogal da AGAM, foi a representante da nosa asociación encargada de trasladar unhas verbas de benvida ás novas matronas así como de facer entrega dun agasallo con material promocional da AGAM e os 6 primeiros meses de asociada de balde.