
11 Set Aberto o prazo de inscrición para o curso de actualización en anticoncepción
A AGAM, en colaboración coa Federación de Planificación Familiar Estatal (FPFE), organiza unha formación de actualización en anticoncepción on line dirixida a matronas.
Do 1 de outubro ao 2 de novembro, as interesadas poderán actualizar os seus coñecementos mediante 20 horas de formación impartidas por profesionais especialistas en xinecoloxía e obstetricia, expertos/as en anticoncepción.
Metodoloxía
Esta formación conta coa acreditación do Sergas e desenvolverase 100% online.
Cada sesión combinará a exposición de cuestións teóricas coa resolución de casos prácticos e incluirá un espazo para a realización de consultas. Finalizado o curso, facilitarase o acceso ás clases e materiais de forma exclusiva para aquelas persoas inscritas durante un periodo de 3 meses. O reparto de horas lectivas repartirase da seguinte forma:
-
- 15 horas: 10 sesións on line en directo de 1 hora e media de duración (de 16:00 a 17:30 h.)
- 3 horas: sesións especiais on line en directo de 1 hora de duración (16:00 a 17:00 h.)
- 2 horas: traballo individual a través de lecturas e materiais de apoio
Inscricións
As inscricións están abertas ata o 29 de setembro e pódese consultar aquí os contidos das sesións así coma o profesorado que as imparte. Só se ofertan 40 prazas, animádevos a solicitar a vosa praza canto antes!