Alegacións anteproxecto de lei de saude sexual e reprodutiva da AGAM 2022 ministerio de igualdad

A AGAM presentou alegacións ao Anteproxecto de Lei de saúde sexual e reprodutiva

A Asociación Galega de Matronas considera que é imprescindible mellorar o texto previo para salvagardar a saúde sexual e reprodutiva das mulleres.

Entre as cousas máis salientables, queremos destacar a importancia de non recortar o dereito de autonomía das mulleres nun momento tan vulnerable como o é o embarazo e o parto. Ademáis, é importante que se inclúa a figura da matrona como principal responsable dentro do sistema sanitario da saúde sexual e reprodutiva. Outros dos puntos que botamos en falta é que se garanta a efectividade das recomendacións de boa práctica clínica recollidas na Estratexia de Saúde Sexual e Reproductiva así coma nas estratexias e guías de práctica clínica derivadas.

Pódese consultar nesta ligazón o documento no que se recollen as alegacións presentadas pola AGAM.

O prazo para presentar alegacións remata hoxe día 1 de xuño ás 23.59 h. Para facilitar este proceso, desde a Asociación PETRA elaboraron este texto no que se inclúen as instruccións. Animamos a toda a cidadanía a presentar as súas alegacións (tan só consiste en enviar un email ao Ministerio de Igualdade), de forma que entre todas as persoas axudemos a mellorar este anteproxecto de lei.