A AGAM participou na Asemblea Xeral FAME 2023

A AGAM participou na Asemblea Xeral FAME 2023

Noelia Amor, presidenta da AGAM acudiu a pasada fin de semana á asemblea xeral da FAME, na que se trataron varios puntos importantes de cara este ano.

Xuntas somos máis fortes

Os temas máis salientables dos que se falaron nesta xuntanza foron o Grao de Matrona, a urxencia ante as inminentes xubilacións a nivel nacional e seu conseguinte déficit de matronas, e a importancia de que as matronas poidan desenvolver todas as súas competencias ao servicio das mulleres, temas nos que estamos a traballar tanto na nosa asociación coma no resto de asociacións.

A AGAM participou na Asemblea Xeral FAME 2023_02

A AGAM participou na Asemblea Xeral FAME 2023_03

A AGAM participou na Asemblea Xeral FAME 2023_04

II Congreso ABC – XXI Congreso FAME en Palma de Mallorca

Por outra banda, cabe destacar que o congreso da FAME este ano terá lugar en Palma de Mallorca, os días 26, 27 e 28 de outubro de 2023. Xa está dispoñible a súa web Congreso Comares Baleares para inscribirse e enviar os traballos científicos.

cartelXXIcongresoFAME

No marco deste congreso atópase o Certame de Boas Prácticas, polo que animamos a todas as matronas a presentar as súas propostas. Pódense consultar as bases reguladoras da mesa de boas prácticas aquí.

Incorporación da Asociación Cántabra de Matronas á FAME

Por último, alédanos informar da incorporación das compañeiras de Cantabria á FAME, polo que actualmente todas as comunidades xa contan con representación na federación. É unha moi boa nova, xa que esta última incorporación enriquece a todas as asociacións. Agora, a través da Federación de Asociaciones de Matronas de España (FAME) contamos con información do que acontece en todas as comunidades autónomas, sabemos como se están a solucionar os problemas noutras rexións e as accións que se están a levar a cabo polas compañeiras na loita común pola nosa profesión, especialmente co obxectivo de dar ás mulleres unha atención na esfera sexual e reprodutiva de calidade, no que a matrona é a figura de referencia.