
27 Feb A AGAM organiza as ‘Xornadas de Diabetes Xestacional para Matronas’ en Santiago e Vigo
A Asociación Galega de Matronas (AGAM) organiza unha formación especializada sobre diabetes xestacional, dirixida a matronas. As xornadas serán impartidas por Paula Lavandeira, do equipo de Helena Eyimi, e celebraranse de forma presencial en marzo en dúas localizacións:
- Santiago de Compostela: Venres, 14 de marzo de 2025, de 08:30 a 17:30 h.
- Vigo: Sábado, 15 de marzo de 2025, de 08:30 a 17:30 h.
Un curso pioneiro para actualizar coñecementos
Baixo o lema “De matrona a matrona”, esta formación busca ofrecer unha actualización rigorosa sobre a diabetes xestacional, diferenciando conceptos clave como a acidosis metabólica e a cetose metabólica, e presentando estratexias de control glucémico sen medidas farmacolóxicas.
Contidos do curso
- Simulacións en consulta: Un enfoque práctico para comprender as alternativas ao control glucémico sen medidas farmacolóxicas, superando recomendacións obsoletas.
- Casos clínicos: Explicación detallada da fisiopatoloxía da diabetes xestacional e o seu manexo durante o parto e o posparto.
- Casos especiais: Acompañamento a nais con necesidades específicas, como dietas vexetarianas, veganas ou con intolerancias alimentarias.
Ademais da xornada presencial, as persoas participantes terán acceso ao Curso Online de Diabetes Xestacional durante 12 meses, a través dunha plataforma virtual.
Consulta o programa completo aquí: https://helenaeyimi.com/jornadas-de-diabetes-gestacional-para-matronas.
Inscricións abertas
As inscricións realizaranse de forma online a través da plataforma do equipo Eyimi.
- Convocatoria de Santiago de Compostela: VENRES 14 DE MARZO DE 2025, de 08.30 a 17.30 h.
- Inscricións Santiago: https://helena-eyimi.mykajabi.com/offers/2o3jgVZs
- Convocatoria de Vigo: SÁBADO 15 DE MARZO DE 2025, de 08.30 a 17.30 h.
- Inscricións Vigo: https://helena-eyimi.mykajabi.com/offers/TtAF6tev
As prazas son limitadas: só 30 dispoñibles por convocatoria!!
O prezo desta formación é de 100 libras esterlinas (aproximadamente 120 € ao cambio).
As socias da AGAM contan cun 30% de desconto (faite socia aquí).
Non perdas a oportunidade de formarte con expertas no campo e avanzar na túa práctica profesional!