17 Out A AGAM no boletín News Matrona (Mi bebé y yo)
Tres socias da Asociación Galega de Matronas participan no boletín semestral News Matronas, publicado o pasado mes de xullo pola recoñecida revista Mi bebé y yo.
A nosa presidenta, Isabel Abel, aborda o método de introducción complementaria Baby Led Weaning (BLW) ou alimentación dirixida polo bebé. Este método consiste en ofrecer ao bebé alimentos sans enteiros ou cortados en anacos que poida manipular fácilmente coa man, e que teñan unha consistencia asumible para as súas capacidades. Deste xeito, conséguese non forzar ao bebé a comer máis do que precisa, axúdalle a autorregularse, permite que as sinais de saciedade cheguen antes e que o neno recoñeza as texturas e sabor reais de cada alimento desde o comezo, a partir dos 6 meses de idade.
Por outro lado, Silvia Álvaro, fala sobre a importancia do deseño dun plan de parto personalizado: “É importante que a futura nai deseñe o seu plan de parto, porque lle axuda a tomar conciencia do momento tan vital que está a vivir e do seu protagonismo durante o mesmo”.
Por último, Beni Martínez, vogal de Lugo da AGAM, amosa o traballo que ven realizando nos últimos anos tanto desde a AGAM como a través da FAME para loitar polo recoñecemento da profesión das matronas.
Podes acceder ao boletín picando aquí.