8 m dia internacional da muller matronas galegas AGAM 2023

#8M – Día Internacional da Muller

As matronas galegas alzamos a nosa voz un ano máis no día internacional da muller para manifestar o noso compromiso na loita pola igualdade e equidade da muller en todos os ámbitos da nosa sociedade.

Antecedentes e lema 2023

O 8 de marzo (#8M) conmemórase o Día Internacional da Muller, anteriormente denominado o Día Internacional da Muller Traballadora. Foi adoptado pola Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas do 16 de decembro de 1977 como un día dedicado á loita pola igualdade, a participación e o empoderamento da muller en todos os ámbitos da sociedade.

Este ano 2023, o lema é “Por un mundo dixital inclusivo: Innovación e tecnoloxía para a igualdade de xénero”. Nos últimos anos, a tecnoloxía avanzou a un ritmo acelerado e transformou a forma en que vivimos, traballamos e interactuamos co mundo. Ao igual que noutros ámbitos da nosa sociedade, as mulleres todavía non poden desenvolverse na contorna dixital nunha situación de igualdade. Na actualidade, á minoría dos postos en intelixencia artificial e outras áreas STEM (ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas) están ocupados por mulleres tanto profesional como academicamente. Ademáis, a ameaza de violencia de xénero en liña, provoca a miúdo o abandono dos espazos dixitais.

Por outra banda, a tecnoloxía tamén ten o potencial de ser unha ferramenta poderosa para promover a igualdade de xénero e empoderar ás mulleres e nenas en todo o mundo. Desde a perspectiva do colectivo de matronas, a dixitalización supón tamén unha oportunidade para a transmisión de información e formación en saúde sexual e reprodutiva da sociedade, o que posibilita acabar con múltiples formas de disparidade e desigualdade. Por iso desde a AGAM unímonos ao chamamento da ONU a todos os gobernos, sectores privados, especialistas en tecnoloxía e innovación, movementos feministas e activistas para incrementar os seus esforzos por conseguir un mundo dixital seguro, inclusivo e equitativo.

O papel das matronas no 8M, e no resto dos días do ano

O 8 de marzo é unha data importante para celebrar o movemento polos dereitos das mulleres e para reflexionar sobre as desigualdades de xénero. As matronas, como profesionais da saúde, xogamos un papel fundamental no coidado e acompañamento das mulleres en todas as fases da súa vida, desde a adolescencia ata a menopausa.

  • Atoparás matronas traballando en diferentes ámbitos, incluíndo hospitais, centros de saúde, consultas privadas e incluso no ámbito comunitario.
  • As nosas funcións inclúen desde o control do embarazo, o parto, a atención ás mulleres que sofren abortos, o coidado posparto e o seguimento da saúde reprodutiva en xeral.
  • As matronas tamén ofrecemos información e orientación sobre contracepción, violencia de xénero e saúde sexual e reprodutiva durante toda a vida da muller.

Non olvidemos que somos un colectivo formado por mulleres na súa gran maioría, polo que realizamos unha constante doble loita non só hoxe, se non todos os días do anoEn Galicia, ao igual que no resto de España, as matronas estamos a vivir unha situación complexa e con crecentes carencias, que non só nos afectan no plano laboral como profesionais, se non que as súas consecuencias recaen directamente nas mulleres ás que atendemos e por extensión ás súas familias e a toda a sociedade. Tal e como se foi anunciando desde diferentes entidades e asociacións, a matrona está en vías de extinción (ler nova ou esta outra nova) e o sistema non o está a poñer fácil para o noso colectivo (ler nova, outra nova e esta outra nova). Mais a pesar das trabas que poñan no noso camiño, neste #8M, reafirmamos o noso compromiso coas mulleres. Mulleres e matronas, unha vida xuntas!