26 de marzo: día mundial da prevención do cancro de colo de útero

O Día Mundial de Prevención do Cancro de Colo de útero celébrase o 26 de marzo de cada ano co obxectivo de concienciar a todas as mulleres do mundo da importancia de previr a aparición desta enfermidade, tendo en conta que, cun diagnóstico oportuno, poderíanse reverter as cifras, que cada vez cobran máis vidas.

As matronas galegas unímonos á Federación de Asociacións de Matronas de España para, un ano máis, sumarnos a esta loita ofrecendo todo tipo de información e apoio. Todo co fin de chegar á maior poboación posible e concienciar sobre a importancia da súa prevención.

O cancro de colo de útero é un tipo de cancro 100% previble, por iso faise moito fincapé na importancia que ten a proba do cribado.

O tamén chamado cancro de cérvix créase a través do aumento de exponencial de células cancerosas na zona do colo do útero. Todas esas novas células quedan en tres zonas diferentes: a exocérvix, endocérvix e a zona de transformación. Na gran maioría de casos, especialmente nas fases iniciais, os síntomas son leves, incluso asintomáticos. Cando comezan os síntomas os mais comúns son:

– Leucorrea

-Trastornos urinarios

– Metrorragia

-Trastornos fecais

-Dor pélvico

-Dor na zona abdominal

O gran inimigo deste tipo de patoloxía é o virus do papiloma humano ( VPH).

Dentro dos tipos de genotipos de VPH existen dous con alta carga de risco oncogénico, 16 e 18. Estes son o causante da gran maioría de lesións cervicais de tipo invasiva, ao redor do 70%, o resto da porcentaxe resérvanllo outros 10 tipos de genotipos.

Hai diversos factores que multiplican as posibilidades de desenvolver este tipo de cancro, un dos grandes ou de máis risco da idade temperá no inicio das relacións sexuais. Outros factores de riscos:

– Multiparidad

-Tabaquismo

-Enfermidades de Transmisión Sexual ( ETS)

-Uso excesivo e alongado no tempo de fármacos anticonceptivos hormonais

-Xenética

-Factores inmunosupresores

Prevención primaria:

-Educación sexual e afectiva (Educación para a saúde): O VPH xenital pode transmitirse por relacións sexuais con penetración vaxinal ou anal, e con menos frecuencia só por contacto xenital.

Tanto a abstención sexual como o uso de preservativos reducen o risco de infección polo VPH. O preservativo non é ao 100% eficaz porque só protexe a zona que cobre.

-Vacina contra o VPH. As vacinas non teñen efecto terapéutico. O momento idóneo para vacinarse é antes de comezar as relacións sexuais, posto que estas persoas aínda non estiveron expostas ao VPH.

Prevención secundaria:

O cribado realízase mediante toma de citología, preferentemente liquida, aínda que tamén se considera aceptable a tripla toma de mostras en portaobxectos (test de Papanicolau). A citoloxía cervical realizada de forma adecuada e mantida conseguiu reducir ata un 80- 90% a incidencia e mortalidade por cancro de cérvix. A poboación diana do cribado son as mulleres que iniciaron a súa actividade sexual e teñen entre 25 e 65 anos.

A matrona, como enfermeira especialista en xinecoloxía e obstetricia, é o profesional de referencia para a saúde sexual e reprodutiva na vida da muller e a súa familia. Informa sobre como minimizar ou eliminar os factores de risco, e cando acudir aos cribados de forma puntual. Ela mesma tomará a citoloxía na súa consulta: é unha proba rápida, sinxela e indolora.

Desde a FAME recomendamos estar moi atentas a todas as mulleres ante calquera síntoma ou sospeita de cancro de colo de útero. Por iso, ante calquera dúbida sempre aconsellamos acudir á matrona de referencia para facer unha valoración e poder descartar.