25n matronas galegas visibilizando a violencia obstétrica AGAM 2022

25N: visualizando a Violencia Obstétrica

Un ano máis a AGAM únese á visibilización do 25 N da importancia de traballar día a día para erradicar a Violencia de Xénero.

Centrámonos novamente na violencia obstétrica, que é o tipo de violencia q sufrimos as mulleres que está máis relacionado coa nosa profesión.

Que é a violencia obstétrica?

Segundo a OMS, a violencia obstétrica defínese como unha forma específica de violencia exercida polos profesionais da saúde (predominantemente médicos e persoal de enfermaría) hacia as mulleres embarazadas, en labor de parto e ou puerperio. Constitue unha violación aos dereitos reprodutivos e sexuais das mulleres.

Tal e como comentaba esta semana Salomé Álvarez, presidenta da Federación de Asociacións de Matronas de España (FAME) para El Diario.es, a violencia obstétrica é violencia de xénero porque se exerce contra os dereitos humanos das mulleres.

É violencia obstétrica:

  • Privar de información e poder de decisión a muller.
  • Non permitir acompañamento da muller pola persoa que ela decida.
  • Prácticas invasivas inxustificadas.
  • Medicalización excesiva do parto.
  • Separación nai-fillo ao nacer sen xustificación.
  • Trato deshumanizado, linguaxe inapropiado, infantilización.
  • Non dar apoio emocional ou información (tamén en abortos espontáneos, ILE, duelo perinatal).

Aproveitamos para lembrar o comunicado realizado pola AGAM en xullo de 2021, en resposta á negación da existencia da violencia obstétrica do Consejo General de Colegios Oficiales de Médicos (CGCOM), no que queda claro o posicionamento da nosa asociación.

Que podemos facer para erradicala

Ademáis de visibilizar o concepto de violencia obstétrica, para así poder identificala e reducir as posibilidades de que aconteza, existe unha medida que suporía un gran paso cara a erradicación da violencia obstétrica na nosa sociedade: investir en matronas.

Contamos con moitos estudos e investigacións que apuntan a que un parto liderado por unha matrona conleva menos intervencións e unha maior satisfacción por parte das xestantes.

Como protexerte da violencia obstétrica?

Para que as mulleres poidan evitar sufrir violencia obstétrica, o punto de partida é a información. Informarse sobre os propios procesos de saúde para así poder asumir a toma de decisións e informarse tamén sobre os dereitos das usuarias do sistema sanitario e reclamalos no caso de que non se estén a respectar.

Ligazóns de interese