AGAM dia mundial endometriose 2021

14 de marzo – Día Mundial da Endometriose

As matronas galegas unímonos á Federación de Asociacións de Matronas de España para dar visibilidade a esta patoloxía que afecta a 1 de cada 10 mulleres.

O Día Mundial da Endometriosis celébrase o 14 de marzo

Como cada ano nesta data lembramos á sociedade que a endometriose existe. O obxectivo é dar a coñecer esta doenza que afecta arredor de 60.000 mulleres galegas segundo as estatísticas e que altera a calidade de vida das persoas que a padecen.

Que é a endometriose?

A endometriose é un fenómeno que se desenvolve no corpo dunha muller cando o tecido que recubre o interior do útero (endometrio) aparece noutras zonas. As consecuencias principais deste escenario son o sangrado abundante, dor intensa, posibilidade de sangrar entre un período e outro e mesmo pode incorrer en problemas de fertilidade á hora de quedar embarazada.

O endometrio vese afectado polos cambios hormonais que rexen o ciclo ovárico tamén coñecido como ciclo menstrual. Estas hormonas son as que ordenan ás células endometriais que se desenvolvan, aumentando o grosor do tecido, incrementando ademais a súa vascularización, nos últimos días do ciclo menstrual prodúcese unha diminución dos niveis hormonais, o tecido endometrial engrosado sofre un deterioro, comeza a descamación e a súa expulsión do interior do útero (menstruación), pero se unha muller ten este tipo de tecido noutro lugar comezará a ter síntomas, ademais de secuelas a longo prazo.

O problema da endometriose é cando esas células aparecen noutras zonas do corpo. Pode ser en calquera zona, pero principalmente danse en:

  • Ovarios
  • Trompas de Falopio.
  • Intestino.
  • Recto.
  • Peritoneo.
  • Outras localizacións menos frecuentes: vejiga, pulmóns….

Moitas mulleres comentan ás súas matronas ou especialistas médicos de referencia dores nas zonas pelvianas ou abdominais, todos os meses e empeora co tempo. Isto débese a que estes crecementos tamén adoitan acumularse no abdome ou a pelve, poden chegar a ser dores fortes ou mesmo crónicos, ata poder desenvolver infertilidade ou menopausa temperá. Existen estudos que din que poden chegar a verse outros órganos comprometidos que afecten tamén a súa calidade de vida. Aínda que ata o de agora, son poucos os casos con estas complicacións.

Tratamento da endometriose

Cando falamos de endometriose referímonos a unha enfermidade de tipo benigno e autolimitada. Existen tratamentos a través dalgúns medicamentos, tipo antiinflamatorios, analxésicos ou hormonais. Poden chegar a desenvolverse maiores complicacións como quistes, retraccións ou adherencias, o cal, chegado a este punto adóitase recomendar unha intervención cirúrxica.

A endometriose é un problema moi descoñecido e silencioso, que mesmo en ocasións é complicado o seu diagnóstico. A endometriose é unha patoloxía crónica, que afecta a 1 de cada 10 mulleres. Calcúlase que na actualidade existen 150 millóns de casos en todo o mundo.

Consulta coa túa matrona

Ante calquera síntoma parecido aos que se mencionan neste artigo, desde a AGAM recomendamos ás mulleres que soliciten unha consulta coa súa matrona de referencia. Mulleres e matronas, unha vida xuntas!

Información complementaria