Frutífera reunión da AGAM na Consellería de Sanidade

Frutífera reunión da AGAM na Consellería de Sanidade

Comprácenos informar de que o pasado luns 26 de novembro, unha representación da xunta directiva da Asociación Galega de Matronas mantivo unha reunión co Conselleiro de Sanidade, D. Jesús Vázquez Almuíña, co fin de tratar o pleno desenvolvemento das competencias recoñecidas das matronas no Sergas.

Á reunión asistiron Isabel Abel Diéguez, presidenta da AGAM, Aranzazu Domínguez Luna, vicepresidenta da AGAM, e Marta Bernárdez Carbón, vogal. Tamén participaron no encontro Josefina Monteagudo Romero, Subdirectora xeral de Atención ao Cidadán e Calidade, e a Dra. Mª Sinda Blanco Lobeiras, Subdirectora Xeral de Planificación e Programación Asistencial.

A cita transcorreu nun ambiente aberto e proactivo, no que se tocaron os seguintes temas:
Oferta pública de emprego 2018-2019
- Unha proposta de colaboración da AGAM coa administración galega para regularizar a situación das matronas,
- A desigualdade na atención na saúde sexual e reprodutiva das mulleres galegas,
- A revisión de ratios matrona-muller para unha mellora da calidade asistencial.

A reunión resultou moi produtiva, quedou de manifesto as intencións por ambas partes de traballar en común e tanto o Conselleiro de Sanidade como as Subdirectoras amosaron a súa interese en tódalas propostas suxeridas pola xunta directiva da AGAM. De feito, nesta reunión xa se concretou unha nova reunión para o vindeiro mes de xaneiro, na que entre outros temas, se profundizará na oferta pública de emprego para matronas.

Back to Top