Día Mundial da Saúde Mental Materna

Día Mundial da Saúde Mental Materna

Dia Salud Mental Materna Asociación Matronas galegas

Hoxe celébrase o Día Mundial da Saúde Mental Materna. Desde a AGAM queremos contribuír á visibilización e importancia da saúde mental materna, xa que trátase dun grave problema de saúde pública. Na nosa sociedade, 1 de cada 5 mulleres desenvolven un problema de saúde mental perinatal, onde o máis habitual é a depresión no embarazo e postparto.  

Consecuencias a curto e longo prazo 

Sábese que a falta de tratamento ten consecuencias a curto e longo prazo, tanto para a nai como para o bebé, e que en ocasións, poden ser tráxicas. Existe un maior risco de problemas de saúde mental no embarazo e durante o primeiro ano postparto. Estes problemas poden xerar un resultado adverso no neurodesarrollo neonatal, así como múltiples consecuencias na saúde do bebé: CIR, parto prematuro, aumento de ingresos hospitalarios, trastornos de conduta, hiperactividade, TDAH, atrasos no desenvolvemento, menores cocientes intelectuais...co aumento de gasto sanitario que isto implica. Ademáis, o 23% das mortes maternas postparto débense a problemas vencellados á saúde mental perinatal.

O papel da matrona é fundamental

Sen a detección, comprensión, coidado, apoio e tratamento, o impacto destas enfermidades poden ser devastador nas mulleres afectadas, nas súas parellas e nas súas familias. Por iso as matronas son as profesionais sanitarias máis adecuadas para a prevención e detección deste tipo de enfermidades, xa que nas matronas recae o coidado integral da muller: saúde física, emocional e social. Por exemplo, animar ás mulleres a abandonar o tabaquismo e a instaurar a lactancia materna, co seu efecto protector ante recaídas, xa resultan dúas medidas que poden supoñer un antes e un despois na saúde psicolóxica da díada nai-bebé.

As matronas son un pilar importante, pero é fundamental unha abordaxe multidisciplinar para a atención da saúde mental de las madres.

A AGAM asistiu á Xornada Científica Salud Mental Perinatal

En liña co compromiso da AGAM por velar pola saúde integral das mulleres, o pasado venres 20 de abril tivo lugar en Ourense a Xornada Científica Salud Mental Perinatal

Numerosas socias e unha representación da directiva da Asociación Galega de Matronas asistiron a esta xornada acreditada, na que se trataron temas como o uso de psicofármacos no embarazo e lactancia, ata o duelo perinatal.

AGAM Matronas Galegas na xornada de Saúde Mental Perinatal

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

"É moi importante avaliar a saúde mental das mulleres desde a xestación, e para iso, o traballo da matrona é unha peza clave para previr e tratar posibles complicacións cando o bebé acaba de nacer", destacou Isabel Abel, presidenta da Asociación Galega de Matronas.

Desde a AGAM queremos agradecerlle ao comité organizador que realizasen este evento, e en especial, darlle as gracias a Belén Vázquez Gómez, matrona e psicóloga, pola súa brilante exposición sobre a importancia da saúde mental perinatal durante a xornada.

Back to Top