Día mundial da Doazón de Leite Materno 2019

Día mundial da Doazón de Leite Materno 2019

Con motivo da celebración do día mundial da doazón de leite materno, desde a AGAM queremos agradecer a todas as nais doantes a súa entrega e xenerosidade.

Na fotografía: un grupo de doantes de leite materno da Asociación de Apoio á Lactación BBTTA de Ferrol, que actualmente representan un terzo das doazóns do Banco de Leite Materno de Santiago.

Aproveitamos este día para lembrar o gran esforzo que realizan cada día para extraer leite materno de forma coidadosa e facilitala ao banco de leite materno para o seu procesamento e posterior abastecemento aos bebés prematuros.

O leite materno dos bancos de leite salvo vidas.

Os bebés prematuros son os principais receptores do leite doado, xa que para eles o leite materno é máis que alimento unha medicina. Aínda que desde a súa apertura, os bancos de leite materno foron aumentado de forma progresiva o seu número de doantes, se se contase cun maior número de doantes poderíase axudar a moitas máis familias, polo que neste día mundial da doazón de leite materno non podemos deixar de animar ás nais que dan peito que se fagan doantes.

En Galicia hai dous bancos de leite:

1) BANCO DE LEITE DO CENTRO COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO SANTIAGO DE COMPOSTELA (CHUS):

          - TELÉFONO: 981 955 623
          - EMAIL: blm.neo.santiago@sergas.es
          - PERSOA DE CONTACTO: Olalla López Suárez
          - MÁIS INFORMACIÓN: web del banco de leche materna de Santiago

2) BANCO DE LEITE DE VIGO (HOSPITAL ÁLVARO CUNQUEIRO):

          - DIRECCIÓN: Hospital Alvaro Cunqueiro. Bloque Técnico Planta 2ª letra D. Estrada Clara Campoamor 341. Babio-Beade 36312 VIGO
          - TELÉFONO: 986-825656 / 986-825655
          - EMAIL: bancoleitevigo@sergas.es
          - PERSOA DE CONTACTO: Ana Concheiro Guisán

Para facerte doante podes contactar cos bancos e alí informaránte dos requisitos, proceso de extracción e formas de entrega do leite donado.

Unha matrona no Banco de Leite Materno

No caso do Banco de Leite de Santiago, énchenos de orgullo saber que conta cunha matrona no seu equipo. Trátase dunha matrona que é consultora certificada en lactación materna -IBCLC- que ademais de atender ás doantes e apoiar ás nais dos receptores de leite materno doado, todos os días facilita un taller práctico de lactación materna, para as familias que acaban de recibir ao seu bebé. E ademais, xunto con outros profesionais, colabora coa protección da lactación materna na consulta de lactación do CHUS, onde axuda a familias derivadas desde atención primaria.

Desde a AGAM animamos á incorporación de matronas, figura profesional especialista en lactación materna, ao equipo dos bancos de leite nacionais, xa que contar cunha matrona implica unha mellora no funcionamento do banco, facilita un soporte incomparable ás nais e abre novas vías de contacto con futuras doantes.

Back to Top