Día internacional pola saúde das mulleres

Día internacional pola saúde das mulleres

A decisión de declarar o 28 de maio como o Día Internacional pola Saúde das Mulleres, acordouse nunha reunión dos integrantes da Rede de Saúde Mundial de Mujeres polos Dereitos Sexuais e Reprodutivos en Costa Rica en 1987.

Cada ano, desde entón, temos a oportunidade de lembrar, difundir e reivindicar o dereito das mulleres para gozar dunha saúde integral ao longo de todo o seu ciclo vital. A OMS define a Saúde como ”un estado de completo benestar físico, mental e social, e non soamente a ausencia de afeccións ou enfermidades”. Hai quen considera que este concepto, vai máis aló. A saúde integral, non é un feito meramente biolóxico, senón que responde a factores biopsicosociais, culturais, depende do lugar no que se nace, a raza, etnia, do lugar que as mulleres ocupan na sociedade, de discriminacións, das súas capacidades, e do acceso aos recursos materiais para vivir unha vida digna, con igualdade de oportunidades, exenta de violencia, unha vida na que a sexualidade se exerza desde a autonomía e a liberdade, aínda que sabemos que non é así para millóns de mulleres, que debido a todas estas diferenzas, afástaas cada día dos dereitos humanos, en especial ao dereito universal da saúde integral. 

En 2009 a OMS elaborou un informe “As mulleres e a saúde. Os datos de hoxe, a axenda de mañá” no que se recollen datos sobre a saúde das mulleres e as nenas ao longo de toda a súa vida en distintos partes do mundo e en distintos grupos de poboación, e países, sendo o VIH, a morbilidade e mortalidade materna, e a tuberculose, as principais causas de morte das mulleres entre 15 e 45 anos no mundo enteiro, o cal indica a inequidade en saúde, que afecta especialmente a mulleres dos países máis pobres para quen ser nai, é un risco de vida.

A Declaración do Milenio de Nacións Unidas, comprometeu aos líderes políticos a marcarse 8 obxectivos coñecidos como os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM). Entre eles, o ODM nº 3: Promover a igualdade de xénero e a autonomía da muller, e o nº 5: “Mellorar a saúde materna”, cunhas metas: reducir en 3/4 partes a causas de mortalidade materna, e o acceso universal á saúde reprodutiva.

A Atención prenatal, e asistencia ao parto por persoal cualificado, é crucial para reducir a mortalidade perinatal, neonatal e materna.

A OMS, Nacións Unidas (ONU), e a Confederación Internacional de matronas (ICM) recoñecen que as matronas somos o profesional máis adecuado, para a atención integral á muller, e que contribuímos de maneira significativa a reducir a taxa media anual de mortalidade materna nun 3% nos 72 países con maior incidencia, ofrecendo Atención á muller en materia de Saúde Sexual e Reprodutiva, Atención maternal e do recentemente nacido de calidade, así como o desenvolvemento dos programas de prevención/promoción da saúde, o cal demostra que as matronas somos clave para crear un futuro mellor.

As matronas que formamos a FAME, queremos sumarnos a este Día Internacional, lembrando que hai múltiples causas de enfermidade e morte que afecta as mulleres en todo o mundo. Queremos apoiar e contribuír nos obxectivos de Nacións Unidas cunha formulación de promoción e adopción de medidas que incidan na saúde das mulleres e a conservación do planeta. 

Back to Top