Curso Lexislación para matronas con Lorena Moncholí

Curso Lexislación para matronas con Lorena Moncholí

O vindeiro 17 de novembro, a AGAM en colaboración co Colexio de Enfermería de Lugo, organizan o curso Lexislación para matronas: dereitos da muller no parto e nacemento.

O curso será impartido por Lorena Moncholí, avogada especializada en Dereito Sanitario, dereitos no parto e nacemento e todo o vencellado coa protección á maternidade e á infancia. 

Os obxectivos do curso son dar a coñecer ás matronas a lexislación vixente no desempeño da súa profesión. Ademáis, preténdese aprender lexislación básica sobre:

- os dereitos das mulleres na atención sanitaria da saúde sexual e reprodutiva de maneira detallada e específica.

- os dereitos relacionados coa atención ao parto e nacemento.

- as obrigas legais do persoal sanitario tanto na atención primaria como hospitalaria e domiciliaria.

O prazo de inscrición remata o vindeiro día 9 de novembro. Prazas limitadas!

**IMPORTANTE: Editamos para aclarar que o prezo para socias exténdese tamén para quen se asocie ata o 19 de outubro (incluido).**

ACCESO Á INSCRICIÓN DESTE CURSO

Back to Top