Curso de PELVE E SOLO PELVIANO FEMININO subvencionado pola AGAM

Curso de PELVE E SOLO PELVIANO FEMININO subvencionado pola AGAM

Nos vindeiros meses de setembro e outubro terá lugar en Vigo o curso sobre "Pelve e solo pelviano feminino, da prevención ao tratamento", organizado por Luna de Brigantia e Movement Studio.

Dirixido a matronas, fisioterapeutas e residentes de 1º e 2º ano de matronas, o curso conta con 40 horas presenciais para un máximo de 20 participantes.

A recoñecida matrona e fisioterapeuta Ascensión López (Centro Hebamme) será a encargada de dirixir esta interesante actividade, que contará con acreditación como formación continuada pola Xunta de Galicia.

Os obxectivos xeráis desta actividade son aumentar os coñecementos e habilidades dos profesionais respecto á actividade pelviperineal feminina ao longo da vida, así coma coñecer e manexar os diferentes tratamentos opcionais para o tratamento pelviperineal atendendo ás competencias profesionais.

A Asociación Galega de Matronas xunto con Luna de Brigantia, asumen parte do custo, subvencionando parte do custo total do curso. Deste xeito, as asociadas da AGAM poden aforrar 140 € para realizar esta formación.

Máis información sobre o curso, premendo aquí.

Back to Top