Charla-Coloquio organizada pola AGAM en Santiago

Charla-Coloquio organizada pola AGAM en Santiago

A AGAM organiza xunto ao Espazo Veciñal de Sar este encontro no que se falará sobre o que queren as mulleres no nacemento d@s seus/súas fill@s e sobre o que estamos a ofrecer actualmente os sanitarios.

O acto terá lugar no Centro Socio Cultural do Sar o vindeiro xoves 29 de novembro ás 20.00h.

Contarase coa participación de:

  • Sarai Fernández Marqués (O Parto é Noso - El Parto es Nuestro): "Que queremos as mulleres nos partos?".
  • Marta Conde García (matrona, comité de ética asistencial do EOXI Santiago de Compostela): "Os profesionais e a violencia obstétrica."
  • Arancha Dominguez Luna (matrona, vicepresidenta da AGAM): "Violencia Obstétrica: nomear o invisible."
  • Flora Miranda Pena (médica e deputada): "Pola autonomía das mulleres, por unha maternidade respectada."
  • Jesica Rodríguez Czaplicki (psicóloga perinatal): "Secuelas psicolóxicas da violencia obstétrica."

A charla será moderada por Benigna Castro, matrona e representante do Espazo Veciñal do Sar. Agardámosvos!

Back to Top