Celebración do Día Internacional da Matrona 2018

Celebración do Día Internacional da Matrona 2018

Un ano máis, con motivo da celebración do Día Internacional da Matrona o vindeiro 5 de maio, a Asociación Galega de Matronas (AGAM) organiza unha actividade para reflexionar sobre o papel da matrona na nosa sociedade.

Xornada "Mulleres e Matronas: unha vida xuntas"

A xornada organizada terá lugar na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela e está dirixida a matronas e tamén a asociacións e colectivos de mulleres. O obxectivo é enriquecer os debates e intercambiar opinións sobre o papel da matrona na sociedade, xa que como matronas debemos e desexamos escoitar a voz das mulleres para coñecer as súas necesidades e facer o noso traballo cada día mellor. 

As matronas estamos a carón das mulleres e traballamos con elas para mellorar a súa saúde sexual e reprodutiva, e a das súas familias e da comunidade en xeral. Entendemos isto como un dereito fundamental de todas, sendo unha das nosas funcións a de empoderar á muller para que poida decidir sobre o tipo de coidados que precisa e que tome decisións informadas sobre a súa saúde. Asemade, as matronas acompañamos ás mulleres durante a adolescencia, a maternidade, a crianza e a menopausa, en definitiva, durante toda a súa vida sexual. Facémolo nos centros de saúde e nos hospitais, máis tamén na propia comunidade e mesmo no domicilio das mulleres.

É por isto que vos convidamos a todas as mulleres e matronas a participar na xornada.

Programa da xornada

O programa previsto para a Xornada:

MAÑÁ:

  • 09:30 a 10:00 h.- Recepción e benvida.
  • 10:00 a 11:30 h.- Conferencia: “Cambiar as imaxes para cambiar o mundo”. Yolanda Domínguez. Artista visual. Experta en comunicación e xénero.
  • 11:30h a 11:40h.- Presentación da Exposición MM“My mom did it” de Marisa Martorell. Matrona e Artista.
  • 11:40 a 12:10 h.- Pausa café.
    • 12:10 a 13:15 h.- Mesa redonda: “Encontro de mulleres e matronas: Que necesitades das Matronas para sentirvos máis coidadas na vosa vida sexual e reprodutiva?”. Modera: Marta Bernárdez Carbón.
  • 13:15 a 14:00 h.- Debate.
  • 14:00 a 14:15 h.- Clausura.

XANTAR DE MATRONAS (previa inscrición)

TARDE

  • 16:00 h.-  Asemblea Xeral ordinaria da Asociación Galega de Matronas (primeira convocatoria).
  • 16:30 h.- Asemblea Xeral ordinaria da Asociación Galega de Matronas (segunda convocatoria).
  • 18:30h- Fin da Asemblea Xeral ordinaria
  • 18:30h-20:30h.- Xuntanza da Directiva da AGAM

Materiais da xornada

Podedes descargar aquí o cartel para imprimir e pegar nos vosos centros de traballo. 

E aquí descargar o programa a convocatoria e o programa en PDF

Formas e prazos de inscrición

Se eres matrona poderás inscribirte cubrindo este formulario.O prazo para inscribirse remata o xoves 26 de abril

Se non eres matrona e queres asistir, reserva a túa praza chamando ao teléfono 981160063 de luns a venres en horario de oficina ou ben enviando unha mensaxe á AGAM a través da páxina de Facebook (reserva previa de asento, as portas estarán abertas ata completar o aforamento)

¡Agardámosvos!

Back to Top