Cartel para a promoción da lactancia: Lactando nos tempos do WhatsApp

Cartel para a promoción da lactancia: Lactando nos tempos do WhatsApp

A Asociación Galega de Matronas acaba de lanzar unha campaña de promoción da lactancia materna a través da difusión do cartel "Lactando nos tempos do WhatsApp". 

Con este cartel preténdese transmitir ás mulleres embarazadas e nais recentes unhas pautas sinxelas para garantir a correcta implementación da lactancia materna facendo uso das emoticonas da coñecida App de mensaxería instantánea. 

Para a realización desta campaña na área de Santiago de Compostela contouse coa colaboración do SERGAS mediante a Xerencia de Xestión Integrada de Santiago, así coma cos grupos de apoio á lactancia Mámoa, Alecria e Teta e coliño. Realizouse a impresión de cartelería para os centros de atención primaria da área, así como para a súa colocación nos hospitais da área. 

Desde a AGAM poñemos a disposición do resto das áreas sanitarias galegas esta campaña, para o que as matronas interesadas en adaptar o cartel para a súa área só terán que contactar con nós a través do email comunicacion@matronasgalegas.org

Por outra banda, realizouse unha versión para redes sociais, coa intención de facilitar a súa difusión na sociedade e así contribuir a que moitas máis familias consigan gozar da lactancia materna.

Aquí está a versión en galego (descarga o cartel en galego en calidade web):

E a versión en español (descarga o cartel en español en calidade web):

Back to Top